Asturias
Calcúlase que na Radiotelevisión do Principado de Asturias só un 0,85 % das emisións en 2021 será en asturiano

Segundo a Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana, a radiotelevisión pública non dedicou nada do seu orzamento á produción de contidos en asturiano desde que comezou a lexislatura. Así mesmo, calcula para 2021 só un 0,85 % de porcentaxe de emisión nesta lingua.
Fonte: Asturies.com
A Facultade de Formación do Profesorado e de Educación acolle a primeira proba de certificación de lingua asturiana de nivel intermedio
Un total de 800 persoas solicitaron a súa participación na primeira proba de certificación de lingua asturiana de nivel intermedio (B2), para a que se establecera un máximo de 500 prazas.
Fonte: La Nueva España
Un manifesto reclama máis contidos culturais e musicais asturianos na RTPA
Máis de cen persoas do ámbito da cultura asinaron un manifesto que, baixo o título ‘Por una RTPA al serviciu de la cultura asturiana’, reclama que a Radiotelevisión Pública de Asturias dignifique e aumente os contidos asturianos, especialmente na lingua propia, na súa programación.
Fonte: Nortes
O Premio de Teatro Profesional Nel Amaro en lingua asturiana xa ten finalistas
O xurado da cuarta edición do Premio de Teatro Profesional Nel Amaro en lingua asturiana, que convoca o Goberno do Principado, xa seleccionou as catro obras finalistas, que se representarán en Oviedo no mes de outubro.
Fonte: El Digital de Asturias
Chega ás librarías o novo libro de Astérix e Obélix en lingua asturiana
El combate de los xefes é o título escollido do novo álbum da serie de Astérix e Obélix que se publica en lingua asturiana.
Fonte: Cope
Alberto Vázquez recibe o premio Alfonso Iglesias de Banda Deseñada en asturiano
A obra El sol na escombrera gaña a XII edición do premio Alfonso Iglesias de Banda Deseñada en lingua asturiana, dotado con 5000 euros. É a segunda vez que Alberto Vázquez recibe este premio.
Fonte: ORT
O presidente de Asturias defende a lingua asturiana como importante elemento do patrimonio inmaterial da rexión
O presidente de Asturias, o socialista Adrián Barón, reivindicou o patrimonio inmaterial da comunidade autónoma e cualificou a lingua asturiana como "herdanza dunha historia milenaria".
Fonte: La Voz de Asturias
Demandan que o asturiano teña peso nas convocatorias e os concursos do Goberno do Principado
A organización Iniciativa pol Asturianu demanda que o asturiano teña peso na puntuación e na baremación das convocatorias e os concursos do Goberno de Asturias. Esixen que nas bases das subvencións se valore o uso bilingüe nos rótulos e a obriga de empregar a toponimia tradicional.
Fonte: La Voz de Asturias
Constitúese a Asociación da Dobraxe de Asturias

A recentemente creada Asociación da Dobraxe de Asturias (ADOAS), que agrupa profesionais tanto da rama artística como da rama técnica, porá unha atención especial á normalización e difusión da lingua asturiana.
Fonte: InfoAsturies
Critican a política lingüística da Radiotelevisión do Principado de Asturias

A Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana critica os obstáculos para unha presenza normal do asturiano no ente público. Dende esta organización sinalan que nos últimos tres anos non se investiu en producir contidos nesta lingua, malia os 23 millóns de euros de orzamento da RTPA.
Fonte: AsturNews
Boletín
Subscríbase ao boletín