Asturias

Un proxecto do IES N.º 1 de Xixón gaña o III Premio Fierro Botas á mellor idea normalizadora do asturiano

O proxecto Estaciones, creado por cinco alumnos de 4.º da ESO do IES N.º 1 de Xixón, conseguiu o III Premio Fierro Botas á mellor idea normalizadora do asturiano. O proxecto consistía en bolsas con poemas sobre as estacións do ano e un glosario con termos nesta lingua relacionados con elas.

Fonte: La Nueva España

Asturias

O Concello de Xixón aproba o seu Plan de normalización lingüística

O Plan de normalización lingüística de Xixón 2020/2023 establece medidas para aplicar de xeito progresivo e consensuado, co obxectivo de ir introducindo o uso do asturiano na Administración e promover a súa utilización en ámbitos menos habituais como o empresarial ou o universitario.

Fonte: El Comercio

Asturias

Os partidos políticos que integran o Parlamento de Asturias non solicitarán o servizo de interpretación de asturiano na cámara

As diferentes foracións políticas que integran os escanos do Parlamento de Asturias declararon que non solicitarán o servizo de interpertación de linguas para traducir intervencións de asturiano ao español na cámara.

Fonte: La Voz de Asturias

Asturias

A poeta canadense Anne Carson recibe o Premio Princesa de Asturias das Letras

A poeta, ensaísta e tradutora canadense Anne Carson venceu o Premio Princesa de Asturias das Letras deste ano. A escritora é recoñecida como unha das grandes poetas en lingua inglesa da actualidade e é firme candidata a recibir o Premio Nobel.

Fonte:  Observador

Asturias

O Principado de Asturias oficializa o dereito a usar a lingua asturiana no parlamento autonómico

A Xunta Xeral do Principado de Asturias aprobou por 27 votos a favor, 13 en contra e 5 abstencións, a reforma do Regulamento da Cámara para garantir o dereito a usar o asturiano no parlamento autonómico.

Fonte: Público

Asturias

O Principado de Asturias pide entrar no Consello de Linguas Oficiais

O Goberno do Principado de Asturias solicitou formalmente ao Estado español a incorporación desta comunidade autónoma no Consello de Linguas Oficiais, o órgano estatal que se encarga de velar polo uso dos idiomas oficiais na administración.

Fonte: El Comercio

Asturias

O Consello Regulador da DOP Sidra de Asturias aposta polo uso do asturiano na súa nova campaña publicitaria

«La sidra, con mazana d'Asturies. Pidi sidra con denominación d'orixe, lo auténtico» é o lema da campaña publicitaria de verán impulsada polo Consello Regulador da DOP Sidra de Asturias, que nesta ocasión apostou polo emprego do asturiano sumándose así a outras marcas comerciais que tamén escolleron esta lingua para uso publicitario.

Fonte: El Comercio

Asturias

O Consello Asesor de Política Lingüística do Principado constituirase en setembro

Varias foron as cuestións relativas á lingua asturiana que tiveron que adiarse a causa da pandemia do coronavirus, pero que agora, coa chegada da nova normalidade, van retomarse. Por unha banda, o arranque do Consello Asesor de Política Lingüística, que se constituirá en setembro; e, por outra, o debate sobre a reforma do regulamento para permitir o uso do asturiano na Cámara.

Fonte: La Voz de Asturias

Asturias

O Goberno do Principado pon en marcha unha campaña para animar o alumnado a matricularse na materia de Lingua Asturiana

A campaña #Apúntate ten como finalidade animar o alumnado a matricularse para o vindeiro curso nas materias de Lingua e Literatura Asturianas e de Galego-Asturiano.

Fonte: El Digital de Asturias

Asturias

O Concello de Xixón debate o seu plan de normalización lingüística do asturiano

A comisión de Servizos e Benestar Social do Concello de Xixón inclúe na súa orde do día a proposta de aprobación do Plan de normalización lingüística, un texto que terán que analizar os grupos municipais antes de ir a Pleno.

Fonte: La Nueva España

Asturias

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder