Asturias

A Academia da Lingua Asturiana e a Consellería de Cultura concordan na necesidade dunha política lingüística efectiva no Principado

Nun encontro entre ambos os organismos, analizáronse temas como a revisión das medidas de normalización e visibilización do asturiano, as necesidades orzamentarias, o emprego da toponimia oficial ou a presenza desta lingua na televisión pública autonómica.

Fonte: El Comercio

Asturias

Demandan maior sensibilidade coa lingua asturiana na televisión pública do Principado

A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana denuncia que durante o Día de Asturias non se emitiron contidos nesta lingua na televisión pública e aproveita para reivindicar a creación dunha programación que non discrimine os contidos en asturiano. 

Fonte: Asturies.com

Asturias

Denuncian a precariedade dos docentes que imparten a materia de Lingua Asturiana

De xeito xeral, o profesorado desta materia é interino e o 85% ten un contrato a media xornada. Así mesmo, gran número de prazas quedan desertas, polo que a contratación non cobre a demanda real existente.

Fonte: Info Asturies

Asturias

Cada vez é máis frecuente o emprego do asturiano na publicidade

Como produto de mercadotecnia, a publicidade pode servir para sinalar a evolución social da lingua e de novos movementos culturais que en moitas ocasións se adiantan a cambios lexislativos. 

Fonte: La Voz de Asturias

Asturias

A nova Dirección Xeral de Política Lingüística asturiana contará cun consello asesor

O novo Goberno do Principado quere impulsar o asturiano, como valor esencial e identitario de Asturias, cunha nova dirección xeral que contará cun Consello Asesor de Política Lingüística.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Reivindican no Certame de Arenas o uso oficial da toponimia en asturiano

Esta reivindicación realizouse durante o pregón do certame, no que se defendeu a lingua asturiana como parte inherente da cultura do Principado.

Fonte: La Nueva España

Asturias

A Academia da Lingua Asturiana quere presentarlle ao alcalde de Oviedo as súas propostas sobre o uso do asturiano

A Academia da Lingua Asturiana vai solicitarlle unha entrevista ao alcalde de Oviedo, Alfredo Canteli, para presentarlle as súas propostas sobre o fomento do uso do asturiano neste concello.

Fonte: La Voz de Asturias

Asturias

Ponse en marcha un obradoiro de dobraxe en asturiano

A Escola de Dobraxe de Asturias organiza un obradoiro de dobraxe en asturiano dirixido a persoas que non tivesen contacto ningún con este ámbito co obxectivo de que adquiran os coñecementos necesarios que lles permitan traballar neste sector.

Fonte: Asturies.com

Asturias

O asturiano volverá estar presente na Feira de Mostras de Asturias

O posto de Iniciativa polo Asturiano contará este ano coa presenza de 14 empresas, o que supón o dobre de participación respecto ao ano anterior. Todas elas empregan o asturiano para a promoción dos seus produtos e aproveitarán a magnitude deste evento, polo que se espera pasen máis de 700 000 persoas, para dalos a coñecer.

Fonte: Asturies.com

Asturias

A Wikipedia en asturiano celebra os seus 15 anos e xa supera os 99 000 artigos

A Wikipedia en asturiano foi inaugurada en 2004, e rapidamente acadou o posto número 84 en importancia. Actualmente, atópase no posto 63, co que se sitúa como unha das linguas minorizadas con maior presenza nesta enciclopedia libre.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder