Asturias
O Parlamento do Principado rexeita unha iniciativa que permitiría a cooficialidade do asturiano
O Parlamento de Asturias rexeitou, cos votos en contra de PSOE, PP, Ciudadanos e Foro, unha iniciativa presentada por IU e Podemos para modificar o Estatuto de Autonomía do Principado e permitir así a cooficialidade do asturiano, que se equipararía deste xeito co castelán.
Fonte: El Comercio
A obra Asturploitation de Damián Barreiro Maceiras gaña o premio Máximo Fuertes Acevedo de ensaio en asturiano
Damián Barreiro Maceiras foi o gañador da XXIV edición do Premio Máximo Fuertes Acevedo de ensaio en lingua asturiana, que concede o Goberno do Principado, coa obra Asturploitation. O xurado elixiuna pola relevancia social do tema tratado e pola súa proposta para impulsar o sector audiovisual en asturiano.
Fonte: La Nueva España
O 80 % das familias valorou positivamente o plan piloto de uso e promoción do asturiano

Un total de 105 alumnos de seis centros escolares participou no plan piloto para fomentar o uso do asturiano no ámbito educativo, un plan que obtivo unha moi boa valoración entre as familias, pois máis do 80 % destas recomendaría a outras a participación neste proxecto.
Fonte: La Voz de Asturias
Os servizos xurídicos do Concello de Avilés rexeitan a ordenanza municipal sobre o uso do asturiano

Avilés non poderá contar, polo momento, cunha ordenanza sobre o uso do asturiano debido a un informe dos servizos xurídicos municipais que fan esta consideración debido a que esta lingua non ten o rango de oficial.
Fonte: La Nueva España
Catro espectáculos optarán ao II Premio “Nel Amaro” de teatro profesional en asturiano

Un total de nove espectáculos presentáronse ao II Premio “Nel Amaro”, dos cales se seleccionaron catro para a súa representación. Estes finalistas presentarán a súa obra ao longo do mes de novembro e, entre eles, escollerase ao gañador que recibirá 6000 euros.
Fonte: Cadena Ser
Unhas xornadas analizarán o uso do asturiano en diferentes ámbitos
A Universidade de Oviedo acollerá unhas xornadas, organizadas pola Academia da Lingua Asturiana, nas que se analizará o uso deste idioma en ámbitos como o cine ou a arte.
Fonte: La Nueva España
Un 86,1% da mocidade do Principado defende a oficialidade do asturiano
Segundo un estudo realizado polo Consello da Mocidade e a Academia da Lingua Asturiana, un 86,1% da xente nova apoiaría a oficialidade do asturiano, o que mostra unha mellora das actitudes cara a este idioma con respecto a investigacións anteriores.
Fonte: El Comercio
A Academia da Lingua Asturiana trasládalle ao Parlamento Europeo un informe sobre a situación do asturiano

O presidente da Academia da Lingua Asturiana reuniuse co tamén presidente do Intergrupo de Linguas Minoritarias do Parlamento Europeo para entregarlle un informe sobre a situación do asturiano, así como sobre a necesidade de que se converta en lingua oficial.
Fonte: El Comercio
A Xunta pola Defensa da Lingua apoia a oficialidade do asturiano
A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana insiste na necesidade dunha reforma estatutaria, que permita recoñecer os dereitos lingüísticos e facilitar a supervivencia do asturiano no futuro.
Fonte: La Nueva España
A Federación Estatal de Ensinanza de Comisións Obreiras defende a creación da especialidade docente de asturiano
A Federación Estatal de Ensinanza de Comisións Obreiras quere reunirse coa nova titular do Ministerio de Educación para solicitar a creación da especialidade docente de lingua asturiana.
Fonte: Europa Press
Boletín
Subscríbase ao boletín