Asturias
Partidos e organizacións sociais apoian a valoración do asturiano como mérito nas oposicións
Izquierda Unida, Bloque por Asturies, Asociación de Trabayadores de la Normalización Llingüística e a Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana saíron en defensa da decisión do Concello de Cangas del Narcea de valorar como mérito os coñecementos de asturiano nas súas oposicións, e deixaron claro que esta medida non ten nada de discriminatoria.
Fonte: Europa Press
Cincocentas persoas manifestáronse en Oviedo contra a exclusión educativa do asturiano
Máis de 500 persoas acudiron á manifestación do pasado 7 de marzo en Oviedo convocadas pola Xunta pola Defensa da Lingua contra a exclusión do asturiano do sistema educativo.
Fonte: El Comercio Digital
A Escola de Maxisterio de Oviedo incluirá unha mención do asturiano
A Escola de Maxisterio incluirá na proposta de plans de estudo adaptados á reforma europea unha mención para o asturiano dentro do grao de mestre de Primaria.
Fonte: La Voz de Asturias
A Xunta de Escola de Maxisterio de Oviedo aproba crear a especialidade de Lingua Asturiana
A Escola de Maxisterio da Universidade de Oviedo contará con especialidade de Lingua Asturiana nos plans de estudos resultantes da próxima reforma das súas ensinanzas.
Fonte: El Comercio Digital
A Consellería de Cultura do Principado de Asturias anuncia unha nova Unidade de Tradución ao asturiano
A Consellería de Cultura do Goberno do Principado de Asturias anunciou a creación dunha Unidade de Tradución ao asturiano e ao castelán de textos oficiais e administrativos, compromiso que o Executivo autonómico xa expresara en anteriores ocasións.
Fonte: La Nueva España
Máis de 2.000 persoas asisten ao XXI Concerto pola Oficialidade do asturiano
Poucos días despois da celebración do XXI Concerto pola Oficialidade, os organizadores fan balance do resultado de asistencia, que consideran un éxito, pois calculan que asistiron máis de 2000 persoas.
Fonte: Asturnews
O Principado de Asturias destina 800.500 euros a unha convocatoria de subvencións para a normalización do asturiano
O Consello de Goberno do Principado de Asturias autorizou unha partida de 800.500 euros para financiar a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a normalización social do asturiano.
Fonte: Asturies.com
IU critica o "nulo" emprego da lingua asturiana en Oviedo
IU criticou a "nula actividade" na normalización da lingua asturiana do consistorio ovetense desde as eleccións municipais celebradas en maio de 2007.
Fonte: La Voz de Asturias
O 55% dos alumnos de primaria cursa Lingua Asturiana
Un total de 21.770 alumnos estudan este curso a materia de Lingua Asturiana. A matriculación nesta materia foi aumentando progresivamente nos últimos anos, tanto na rede pública coma na concertada, e na etapa de primaria alcanza xa o 55,5% do alumnado.
Fonte: La Voz de Asturias
Partidarios da oficialidade do asturiano esixen en Oviedo o mesmo trato que se lles dá a outras linguas
Partidarios da oficialidade do asturiano, uns 2.000 segundo a organización, esixiron en Oviedo que a lingua asturiana teña o mesmo trato que outras linguas.
Fonte: Ya.com
Boletín
Subscríbase ao boletín