Asturias

O presidente da Real Academia Galega pide a oficialidade do galego na franxa occidental de Asturias

O elixido recentemente presidente da Real Academia Galega, o escritor galego Xosé Luis Méndez Ferrín, pediu a oficialidade da lingua asturiana no territorio da comunidade, exceptuando na franxa occidental entre os ríos Navia e Eo, para a que reclamou a oficialidade do galego porque, ao seu xuízo, é a única lingua que se fala nesta zona xunto co castelán.

Fonte: Europa Press

Asturias

Ábrenlle un expediente en Xixón a unha funcionaria por negarse a tramitar un documento en asturiano

O Concello de Xixón abriulle un expediente disciplinario a unha funcionaria por negarse a tramitar un documento en lingua asturiana presentado por un cidadán nun rexistro municipal.

Fonte: La Voz de Asturias

Asturias

Nace o Centro de Terminoloxía Asturiana

A Academia da Lingua Asturiana (ALLA) presentou o Centro de Terminoloxía Asturiana, un proxecto dedicado a ampliar os ámbitos comunicativos desta lingua e no que os usuarios van poder ofrecer propostas.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Denuncian o ´escaso´ apoio do Principado de Asturias ao asturiano

O portavoz da Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana, Carlos Pulgar, denunciou que desde a chegada de Vicente Alvarez Areces á presidencia do Principado de Asturias, hai dez anos, o apoio á legalización do asturiano foi "escaso".

Fonte: La Nueva España

Asturias

O Concello de Lena e a Academia da Lingua Asturiana traballarán xuntos para promover o uso do asturiano

O vicealcalde de Lena, Agripino Pérez, e a presidenta da Academia da Lingua Asturiana, Ana Cano, asinaron un convenio de colaboración co obxectivo de promover o uso e a normalización do asturiano no concello, ademais de traballar conxuntamente na dignificación da lingua.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Denuncian a exclusión do asturiano nas campañas de promoción do Concello de Xixón

A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana denunciou "a exclusión da lingua asturiana nas campañas de promoción do Concello de Xixón, o que non só incumpre o previsto na Ordenanza Municipal sobre o uso do asturiano senón a toponimia oficial aprobada hai tempo polo Concello e polo Goberno de Asturias".

Fonte: Asturies.com

Asturias

Softastur traduce ao asturiano o paquete informático OpenOffice.org

Softastur está finalizando a versión en asturiano de OpenOffice.org tras dous anos de traballo. A versión asturiana vai estar a disposición dos usuarios de calquera sistema operativo (GNU/Linux, Windows, Mac Os etc.) a partir da versión 3.2.

Fonte: InfoAsturies

Asturias

Varios concellos asturianos conclúen a revisión dos seus topónimos tradicionais

Un total de 40 concellos dos 78 da rexión concluíu xa a revisión dos seus topónimos tradicionais e outros 21 iniciaron este proceso.

Fonte: RTPA

Asturias

O reitor da Universidade de Oviedo reitera o seu apoio á lingua asturiana

O reitor da Universidade de Oviedo, Vicente Gotor, reiterou o seu compromiso co asturiano durante o seu nomeamento como patrón de honra da Fundación Caveda y Nava, en Villaviciosa, polo seu traballo para "desbloquear" a situación da lingua asturiana no ámbito universitario.

Fonte: La Voz de Asturias

Asturias

Esixen maior compromiso do Concello de Xixón co asturiano

O Concello de Xixón non cumpre coas obrigas que el mesmo se impuxo ao aprobar a ordenanza da lingua asturiana, o plan de normalización e a nova toponimia oficial do concello. Por iso, os integrantes do Consello Asesor da Lingua Asturiana de Xixón acaban de emitir unha resolución que se converte nunha reprimenda a concelleiros, funcionarios municipais e responsables políticos da Administración local.

Fonte: La Nueva España

Asturias

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder