Asturias
Nace o Centro de Terminoloxía Asturiana

A Academia da Lingua Asturiana (ALLA) presentou o Centro de Terminoloxía Asturiana, un proxecto dedicado a ampliar os ámbitos comunicativos desta lingua e no que os usuarios van poder ofrecer propostas.
Fonte: Asturies.com
A Universidade de Oviedo presenta o tradutor automático castelán-asturiano-castelán
O reitor da Universidade de Oviedo, Vicente Gotor, presenta xunto á conselleira de Cultura e Turismo do Principado de Asturias, Mercedes Álvarez, o tradutor automático castelán-asturiano-castelán.
Fonte: Europa Press
A Academia da Lingua Asturiana presenta en Oviedo un estudo sobre a situación do mirandés
A Academia da Lingua Asturiana presentou o libro El Mirandés: situación sociolingüística de una lengua minoritaria en la zona portugueso-española.
Fonte: Asturnews
Ponse en marcha unha campaña para pedir unha maior presenza do asturiano na Radiotelevisión do Principado de Asturias
A Xunta pola Defensa de la Llingua vai comezar unha campaña para mandarlle correos electrónicos á dirección da Radiotelevisión do Principado de Asturias (RTPA) e "demostrar a demanda de máis programación en asturiano".
Fonte: Asturies.com
O Concello de Xixón comeza a ofrecer formularios normalizados para facer xestións en asturiano
O Concello de Xixón comeza a cumprir as medidas previstas no Plan de normalización aprobado en 2009, no que atinxe á posibilidade de facer as xestións administrativas en asturiano.
Fonte: Asturnews
Xa está na rede a proposta de terminoloxía xurídica e administrativa para o asturiano
A Academia da Lingua Asturiana acaba de incorporar á páxina do proxecto Termast (Centro de Terminoloxía Asturiana), un vocabulario, o segundo desta iniciativa, centrado na terminoloxía xurídica e administrativa, do que é autor o avogado leonés Nicolás Bartolomé Pérez.
Fonte: Asturnews
O Tribunal Constitucional avala o uso do asturiano ante a Administración autonómica
O Tribunal Constitucional avala a legalidade do uso do asturiano por parte dos cidadáns na súa relación coa Administración autonómica. Nun auto, a institución pronúnciase nese sentido en relación coa cuestión formulada por un xulgado de Oviedo, que cuestionaba que o artigo da Lei de uso e promoción do asturiano que regula ese aspecto concreto se axustase á Carta Magna.
Fonte: El Comercio Digital
Créase a primeira rede social en asturiano semellante a Facebook ou Twitter
O informático asturiano Mikel González creou Ximielga.me, a primeira rede social en asturiano, que aspira a converterse nunha práctica ferramenta para "compartir información e contidos de todo tipo".
Fonte: EFE
Os empregados públicos do Principado de Asturias non poderán usar o asturiano, segundo unha sentenza
Os funcionarios da Administración do Principado de Asturias deberán dirixir a súas comunicacións de carácter interno en castelán e non en asturiano. Así o avala unha sentenza do Xulgado número 3 do contencioso-administrativo de Asturias.
Fonte: La Nueva España
Comezan unha campaña para pedir a oficialidade do asturiano ás autoridades españolas
A Xunta pola Defensa de la Llingua e Aconceyamientu de Xuristes pol Asturianu comezan unha campaña para que o Estado español siga as recomendacións do Consello de Europa e mellore o status legal do asturiano.
Fonte: Asturies.com
Boletín
Subscríbase ao boletín