Asturias
Unha asociación sitúa o asturiano ao bordo da extinción
A Asociación pola Defensa das Linguas e as Culturas Ameazadas pediu por unanimidade que se respectasen os dereitos dos falantes de asturiano. Nunha resolución feita pública pola asociación, solicitaron unha serie de medidas ao presidente do Principado de Asturias baseándose na "vontade dunha gran maioría de asturianos que, despois de anos, reclama o respecto aos seus dereitos como falantes de asturiano".
Fonte: La Voz de Asturias
A organización Xuristas polo Asturiano pide no Congreso que Televisión Española emita en asturiano as súas desconexións
A organización de Xuristas polo Asturiano acaba de presentar un texto no que lle esixe a Televisión Española que cambie a política de emisións desde o Centro Territorial de Asturias, xa que estas retransmisións se fan en castelán e non en asturiano.
Fonte: Asturnews
Sete de cada dez alumnos de educación infantil asturianos estudan xa unha lingua estranxeira
Sete de cada dez alumnos asturianos menores de seis anos xa estudan unha lingua estranxeira no colexio. Os centros asturianos só ofrecen inglés, pero outras rexións tamén teñen francés e alemán.
Fonte: La Voz de Asturias
Asturias destina 20.000 euros á tradución de obras en asturiano a outras linguas
O Boletín Oficial do Principado de Asturias publicou a resolución da Consellería de Cultura e Turismo do Goberno de Asturias pola que se conceden e denegan subvencións para o fomento da tradución e/ou edición noutras linguas de obras escritas orixinalmente en asturiano ou galego-asturiano.
Fonte: Asturnews
Tan só un 6,8 % dos alumnos de primaria da concertada estuda asturiano
O 56,6 % dos alumnos de primaria na escola pública asturiana matriculouse este curso na materia de Lingua asturiana, unha porcentaxe superior nun punto á do pasado ano. Pero as cifras, na concertada, seguen sendo especialmente baixas, con tan só un 6,8 % do total de matriculados.
Fonte: La Nueva España
A Universidade de Oviedo avanza na investigación das fronteiras lingüísticas no Eo-Navia
O profesor Ramón d'Andrés presentou os avances do Proxecto ETLEN, do Seminario de Filoloxía Asturiana, que busca "medir a fronteira entre asturleonés e galego-portugués".
Fonte: ASTURNEWS
O sindicato SUATEA pide que se cumpra a Lei de uso no ensino do asturiano
O sindicato SUATEA informou das irregularidades que se están producindo no sistema educativo asturiano. Segundo o sindicato, este curso está "fóra da lei" debido aos recortes nos cadros de persoal de asturiano e galego-asturiano.
Fonte: ASTURNEWS
Bloque por Asturias propón crear a especialidade de profesor de asturiano
O Bloque por Asturias (BA) presentou na Xunta Xeral do Principado unha proposición para instar o Goberno de España á creación da especialidade de profesor de lingua asturiana.
Fonte: La Nueva España
A Academia da Lingua Asturiana publica a terminoloxía da física
Dentro do labor de renovación léxica que se desenvolve no proxecto Terminoloxía Asturiana (TERMAST) da Academia da Lingua Asturiana, inclúese unha nova proposta, dedicada esta vez á terminoloxía dos conceptos básicos da física.
Fonte: ASTURNEWS
A Academia da Lingua Asturiana convoca as probas de coñecemento da lingua asturiana
A Academia da Lingua Asturiana (ALLA) organiza dúas convocatorias anuais de coñecemento da lingua nas que se poden avaliar os coñecementos básicos de asturiano. A institución ten aberta a convocatoria de xaneiro, que se celebrará o día 29, con dúas partes, unha de lingüística e outra de lingua e sociedade, que inclúen unha proba escrita e outra oral.
Fonte: Asturnews
Boletín
Subscríbase ao boletín