Asturias
Convócase o I Concurso de Postais de Nadal en lingua asturiana
A Oficina de Normalización Lingüística do Concello de Llaviana convocou o seu primeiro concurso de elaboración de postais de Nadal en lingua asturiana, dirixido aos alumnos dos centros de educación primaria do concello.
Fonte: 20 minutos
Nace “Acción e Política”, unha nova iniciativa na blogosfera en asturiano
A blogosfera en asturiano coñeceu o nacemento dunha nova iniciativa con esta lingua como medio de expresión que busca trasladar o pensamento alternativo á poboación da rexión.
Fonte: Infoasturies
Preséntase unha nova asociación en defensa da lingua asturiana
Desde hai uns meses, un grupo de persoas está traballando na creación dun colectivo novo de defensa da lingua asturiana. Este, que leva o nome de Iniciativa Pol Asturianu, presentarase en Oviedo.
Fonte: Asturies.com
Para o director xeral de Política Lingüística, a recuperación do asturiano non é posible sen a dignificación da súa cultura
«A recuperación definitiva do asturiano e do galego-asturiano non é posible sen a dignificación da propia cultura». O director xeral de Política Lingüística, Alfredo Álvarez, resaltou así a importancia que os pobos, as súas xentes e os seus costumes teñen para conservar unha lingua.
Fonte: El Comercio
A produtora Ámbitu estrea a primeira serie en asturiano feita para a rede
A produtora Ámbitu, editora do diario Les Noticies, acaba de emitir os tres primeiros episodios de “Chatarrona”, a primeira comedia de situación en asturiano feita para a rede.
Fonte: Asturnews
Por primeira vez tramítase completamente en asturiano unha tese de doutoramento na Universidade de Oviedo
Trátase dunha tese de doutoramento redactada en asturiano e que puido facer todos os trámites desde o inicio, e por primeira vez, completamente en asturiano.
Fonte: Asturnews
Asturias terá intérpretes de lingua de signos en centros educativos
A Consellería de Educación e Universidades do Principado dixo que garantirá o servizo de intérpretes de lingua de signos nos centros públicos asturianos para o presente curso escolar.
Fonte: La Información
Iniciativa polo Asturiano celebra o uso da toponimia asturiana por parte da empresa de transportes ALSA
A empresa de transportes ALSA comezou a usar a toponimia asturiana tradicional, e agora oficial, despois de varias queixas. A asociación Iniciativa polo Asturiano decidiu felicitar a través dunha carta a empresa polo avance no uso da toponimia asturiana.
Fonte: Asturnews
O ano 2011 deixa un total de 23 discos en asturiano
Segundo o Anuario da Música Asturiana, realizado por Publicacións Ámbitu, as casas discográficas produciron, ao longo do ano 2011, un total de 23 discos en lingua asturiana, o que supón unha pequena subida con respecto a 2010, cando saíron ao mercado 22.
Fonte: Asturnews
Edicións Trabe iníciase co libro electrónico con catro títulos gratis en asturiano
Edicións Trabe únese ao mundo do libro electrónico ofertando aos lectores catro obras en asturiano e gratis para a lectura no iPad, iPhone, eReader etc.
Fonte: Asturnews
Boletín
Subscríbase ao boletín