Asturias
A Xunta pola Llingua presenta “Nun somos llinguateros”, a canción da campaña pola oficialidade do asturiano
A Xunta pola Defensa de la Llingua presenta “Nun somos llinguateros”, a canción que valerá este ano como costado sonoro da reivindicación da oficialidade do asturiano.
Fonte: Europa Press
Centos de persoas maniféstanse polas rúas de Oviedo para pedir a oficialidade do asturiano
Centos de persoas manifestáronse polas rúas de Oviedo para pedir a oficialidade da lingua asturiana, no acto reivindicativo que, coma todos os anos, convoca a asociación Conceyu Abiertu pola Oficialidá no Día das Letras.
Fonte: 20 minutos
A Universidade de Oviedo edita un manuscrito coa tradución máis antiga do Corán a unha lingua europea
O libro, que foi editado pola Biblioteca Arabo-Románica e Islámica da Universidade de Oviedo co patrocinio do Grupo Cajastur, contén un estudo pormenorizado do manuscrito, que supón a única tradución completa conservada do Corán do árabe ao español das épocas mudéxar e morisca, segundo explicou Consuelo López-Morillas.
Fonte: ABC
A Universidade de Oviedo organiza en xullo maratóns de inglés e italiano
A Universidade de Oviedo organiza, a través da Casa das Linguas, maratóns de inglés e italiano durante o mes de xullo, co propósito de ofrecer cursos intensivos destas linguas con profesores expertos e unha metodoloxía dinámica.
Fonte: Europa Press
Os estudantes reclámanlle á Universidade de Oviedo que permita a presentación de teses de doutoramento en lingua asturiana
A Agrupación Universitaria polo Asturiano (CUPA) acaba de presentar ante a Universidade de Oviedo unha reclamación formal sobre o Regulamento de Estudos de Doutoramento para que se permita a presentación de teses de doutoramento en lingua asturiana, unha posibilidade que nestes momentos a norma non recolle.
Fonte: Europa Press
Asturias aposta polo chinés como segunda lingua na educación
O candidato á presidencia do Principado por Foro Asturias, Francisco Álvarez Cascos, presentou unha serie de propostas para renovar o sistema educativo asturiano que introducirá a novidade do estudo do chinés xunto co castelán e o inglés.
Fonte: El Economista
Os campus de Asturias ofrecen cursos de asturiano organizados pola Universidade de Oviedo
Estes cursos, de nivel A1 de asturiano, contan con 20 prazas e celebraranse en Xixón, Oviedo e Avilés. Dirixidos a maiores de 17 anos, teñen un prezo de 320 euros.
Fonte: Asturnews
A Universidade de Oviedo permitirá presentar a tese en asturiano
O reitor da Universidade de Oviedo, Vicente Gotor, indicou á Asociación Universitaria polo Asturiano (CUPA) que un cambio no regulamento da institución académica permitirá que poidan presentarse teses en asturiano, segundo informou a asociación.
Fonte: La Voz de Asturias
A Asociación de Xuristas polo Asturiano pídelle ao Goberno de Asturias a redacción bilingüe dos impresos da Administración
No seu escrito, dirixido ao presidente e ao conselleiro de Cultura, os xuristas fixan que este é o momento apropiado para facelo porque moitos deles deben prepararse para as novas competencias de consellerías, viceconsellerías e direccións xerais.
Fonte: Info Asturies
A Academia da Lingua Asturiana «condena a marxinación do asturiano» no Concello de Noreña
A Academia da Lingua Asturiana mostrou o seu malestar coa decisión do alcalde de Noreña de retirar da orde do día do Pleno unha moción do grupo político Conceyu Abiertu por estar redactada en asturiano.
Fonte: La Nueva España
Boletín
Subscríbase ao boletín