Asturias
El Corte Inglés de Oviedo vende con éxito películas dobradas ao asturiano
Creouse un espazo neste centro comercial para ofertar películas dobradas ao asturiano. Nel pódense atopar copias de As viaxes de Gulliver e O terceiro home, ás que se unirán copias de McLintock e unha edición especial de A noite dos mortos viventes. O éxito de vendas “levou a que en pouco máis de dous meses fixeran falta neste establecemento tres remesas de películas”.
Fonte: Asturnews
A Xunta electoral rexeita o uso das papeletas escritas en asturiano
Unha vez máis, os dereitos dos falantes de asturiano vense golpeados nunhas eleccións. A Xunta Electoral provincial nega o uso das papeletas redactadas en asturiano impresas pola formación Andecha Astur.
Fonte: Asturnews
Convócase o I Concurso de Postais de Nadal en lingua asturiana
A Oficina de Normalización Lingüística do Concello de Llaviana convocou o seu primeiro concurso de elaboración de postais de Nadal en lingua asturiana, dirixido aos alumnos dos centros de educación primaria do concello.
Fonte: 20 minutos
Nace “Acción e Política”, unha nova iniciativa na blogosfera en asturiano
A blogosfera en asturiano coñeceu o nacemento dunha nova iniciativa con esta lingua como medio de expresión que busca trasladar o pensamento alternativo á poboación da rexión.
Fonte: Infoasturies
Preséntase unha nova asociación en defensa da lingua asturiana
Desde hai uns meses, un grupo de persoas está traballando na creación dun colectivo novo de defensa da lingua asturiana. Este, que leva o nome de Iniciativa Pol Asturianu, presentarase en Oviedo.
Fonte: Asturies.com
Para o director xeral de Política Lingüística, a recuperación do asturiano non é posible sen a dignificación da súa cultura
«A recuperación definitiva do asturiano e do galego-asturiano non é posible sen a dignificación da propia cultura». O director xeral de Política Lingüística, Alfredo Álvarez, resaltou así a importancia que os pobos, as súas xentes e os seus costumes teñen para conservar unha lingua.
Fonte: El Comercio
A produtora Ámbitu estrea a primeira serie en asturiano feita para a rede
A produtora Ámbitu, editora do diario Les Noticies, acaba de emitir os tres primeiros episodios de “Chatarrona”, a primeira comedia de situación en asturiano feita para a rede.
Fonte: Asturnews
Por primeira vez tramítase completamente en asturiano unha tese de doutoramento na Universidade de Oviedo
Trátase dunha tese de doutoramento redactada en asturiano e que puido facer todos os trámites desde o inicio, e por primeira vez, completamente en asturiano.
Fonte: Asturnews
Asturias terá intérpretes de lingua de signos en centros educativos
A Consellería de Educación e Universidades do Principado dixo que garantirá o servizo de intérpretes de lingua de signos nos centros públicos asturianos para o presente curso escolar.
Fonte: La Información
Iniciativa polo Asturiano celebra o uso da toponimia asturiana por parte da empresa de transportes ALSA
A empresa de transportes ALSA comezou a usar a toponimia asturiana tradicional, e agora oficial, despois de varias queixas. A asociación Iniciativa polo Asturiano decidiu felicitar a través dunha carta a empresa polo avance no uso da toponimia asturiana.
Fonte: Asturnews
Boletín
Subscríbase ao boletín