Asturias
A asociación Iniciativa polo Asturiano fai un chamamento ao sector privado para que use o asturiano
Desde esta asociación en defensa do idioma destacan “a importancia de que en Asturias o comercio empregue o asturiano con naturalidade, dado que o papel da normalización é unha responsabilidade individual e colectiva, tanto das entidades públicas coma privadas”.
Fonte: Asturnews
A Universidade de Oviedo convoca cursos de asturiano en Xixón e Oviedo
Por segundo ano consecutivo, a Universidade de Oviedo, a través da Casa das Linguas, convocou dous cursos de asturiano en Xixón e Oviedo.
Fonte: Asturnews
O ciclo ‘Cancienes a Escena’ entrégase á lingua asturiana
A cuarta edición do ciclo teatral ‘Cancienes a escena’, que se celebra no centro social de Cancienes, reafirma os seus contidos en lingua asturiana para a edición deste ano.
Fonte: El Comercio
O partido Conceyu Abiertu pretende regular o uso de asturiano no concello de Noreña
O partido Conceyu Abiertu por Noreña presentará ante o pleno municipal da vila unha proposta de ordenanza para o uso da lingua asturiana no concello.
Fonte: La Nueva España
A conselleira asturiana de Educación asturiana propón o recoñecemento do profesorado en lingua asturiana
A conselleira asturiana de Educación, Cultura e Deporte, Ana González Rodríguez, propuxo a posibilidade de que o Principado “recoñeza o profesorado de lingua asturiana" como unha figura específica dentro do ámbito docente.
Fonte: 20 minutos
Denuncian que os autobuses de Xixón xa non utilicen a toponimia oficial
Desde a asociación N’ast denuncian como ultimamente a empresa de transporte público xixonés, EMTUSA, “substitúe os topónimos en asturiano que aparecen no transporte público pola súa versión españolizada”.
Fonte: Asturnews
O Concello de Mieres convoca o primeiro concurso de relatos curtos en asturiano para estudantes de secundaria
A Concellería de Cultura de Mieres, a través do Servizo de Normalización Lingüística, convocou o I «Concurso de Relatos Curtos para Estudantes de Secundaria Concello de Mieres».
Fonte: La Nueva España
Pídenlle ao Goberno de Asturias que se informe aos centros da supresión do número mínimo de alumnos para as clases de asturiano
A Xunta pola Defensa de Lingua Asturiana esixiulle ao Goberno de Asturias que se informe aos centros de ensino da supresión do número mínimo de alumnos para formar clases de asturiano.
Fonte: La Información
A Consellería de Educación do Goberno de Asturias comprométese a implantar a especialidade docente de asturiano
A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana asegurou que a conselleira de Educación, Ana González, adquiriu o compromiso, nunha reunión con esta organización, de crear a especialidade docente de lingua asturiana.
Fonte: La Nueva España
A organización Compromisu por Asturies alerta sobre un “ataque brutal” á lingua asturiana coa escusa da crise
A formación política Compromisu por Asturies alertou sobre o “ataque brutal” que está sufrindo a lingua asturiana desde o Principado coa escusa da crise económica. Compromisu sinala que se rebaixaron en máis do 60 por cento as axudas que todos os anos se destinan á promoción lingüística.
Fonte: Europa Press
Boletín
Subscríbase ao boletín