Asturias
O Principado de Asturias promete desenvolver a actual Lei de uso do asturiano
O novo Goberno do Principado centrará a súa política lingüística en desenvolver a xa existente Lei de uso e promoción do asturiano. Así o indicou o director xeral de Política Lingüística, Alfredo Ignacio Álvarez Menéndez.
Fonte: La Nueva España
O Goberno do Principado de Asturias aposta pola «normalización do asturiano»
O director xeral de Política Lingüística do Principado de Asturias, Alfredo Ignacio Álvarez, avogou pola realización dunha política que contribúa á «normalización social» da lingua asturiana, que xa forma parte da cultura da rexión de forma «viva pero, á vez, fráxil».
Fonte: La Nueva España
O partido Foro Asturias reclama un maior orzamento para a normalización do asturiano en Siero
O portavoz do partido Foro Asturias de Siero, Eduardo Martínez Llosa, pediulle ao Concello un orzamento maior para a rotulación toponímica, para a que este ano se conta cunha subvención do Goberno de Asturias de 1892 euros.
Fonte: Asturnews
O conselleiro asturiano de Cultura anuncia un Plan de normalización 2012-2015 para a lingua asturiana
Na súa comparecencia ante o Parlamento asturiano, na que fixo un repaso dos feitos que van marcar a súa política, o conselleiro anunciou que o Goberno asturiano desenvolverá a Lei de uso e iniciará un Plan de normalización.
Fonte: Asturies.com
A Asociación de Traballadores da Normalización Lingüística alerta de que non se resolveron as subvencións de apoio ao asturiano
A Asociación de Traballadores da Normalización Lingüística mostrou a súa preocupación coa “tranquilidade” que está tendo o Goberno asturiano para resolver subvencións de asociacións, empresas e particulares para a normalización social do asturiano. Advirte que se non se tramitan antes do 30 de novembro, estas cantidades poderían perderse, cando xa hai entidades que fixeron investimentos para quen solicitou estes apoios.
Fonte: Europa Press
A Fundación Vinjoy edita un DVD con temas en lingua de signos
Os alumnos da Fundación Vinjoy, coa colaboración da Universidade de Oviedo, editaron un DVD musical en lingua de signos. Cancións para ver, nas que se mesturan a interpretación teatral coas letras signadas por estudantes.
Fonte: El Comercio
Foro Asturias quere “sacar o asturiano do fogar” para darlle prestixio
Nun comunicado, o partido Foro Asturias lembra o seu apoio “ao desenvolvemento da Lei de uso e promoción do bable” e o seu compromiso para “recuperar a dignidade do idioma como medio de comunicación”.
Fonte: Asturnews
O Sindicato Asturiano do Ensino pide unha radiotelevisión que sirva para normalizar o asturiano
O sindicato asturiano do ensino SUATEA fixo unha declaración na que pedía “unha radiotelevisión para o Principado de Asturias” de calidade, ben xestionada e ao servizo das necesidades da sociedade e non de intereses partidistas. SUATEA entende que a RTPA debe ter un “importante valor educativo e cultural” e debe desempeñar un papel importante “no fomento e normalización da lingua e cultura asturianas”.
Fonte: Asturnews
O Goberno de España pecha a única emisora de radio en asturiano
A emisora en asturiano Radio Sele viuse obrigada a desmontar a súa antena e deixar de emitir tras recibir unha orde do director provincial da Xefatura de Comunicacións, que pertence ao Ministerio de Industria, Turismo e Comercio de España. Con esta decisión, o Goberno central pecha a única radio que usa o asturiano no 100% das súas emisións.
Fonte: Asturnews
A Academia da Lingua Asturiana edita en internet ‘Ciencies’, unha revista de divulgación científica en asturiano
O mércores día 9 de novembro de 2011 sae, a través de internet, Ciencies. Cartafueyos asturianos de Ciencia y Teunoloxía, unha revista de formato dixital e periodicidade anual, dedicada á divulgación do coñecemento científico e tecnolóxico, e editada integramente en lingua asturiana.
Fonte: 20 minutos
Boletín
Subscríbase ao boletín