Asturias
O Ministerio de Fomento promove a toponimia cunha campaña en asturiano
O Ministerio de Fomento, a través da Comisión Especializada de Nomes Xeográficos, integrada no Consello Superior Xeográfico, desenvolve unha campaña estatal de promoción da toponimia, que en Asturias conta coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo.
Fonte: Asturnews
Bota a andar a primeira web en asturiano da Universidade de Oviedo
Vicente Gotor, reitor da Universidade de Oviedo, presentou o novo portal web da institución, que por primeira vez vai poder consultarse en lingua asturiana, ademais de en castelán e en inglés.
Fonte: Asturnews
O fiscal ante o Tribunal Constitucional afirma que está avalado o uso do asturiano polos funcionarios
Don Jesús-José Tirado Estrada, fiscal ante o Tribunal Constitucional (TC), xustifica que o TC avala o uso das comunicacións en asturiano de cidadáns e funcionarios co Principado de Asturias.
Fonte: Asturies.com
O sindicato educativo Suatea culpa a Consellería de Educación de non estender a lingua asturiana a infantil
O sindicato Unitario e Autónomo de Traballadores do Ensino de Asturias (Suatea) culpou a Consellería de Educación de eludir o seu compromiso de garantir que a lingua asturiana se imparta en educación infantil. Suatea denunciou que só o 13 % dos alumnos de infantil recibe ensinanzas de asturiano, mentres que en primaria esa proporción sobe ao 55 %.
Fonte: La Voz de Asturias
A directora xeral de Política Lingüística cre que non hai unha maioría suficiente para pedir a oficialidade do asturiano
A directora xeral de Política Lingüística do Goberno asturiano, Consuelo Vega, cuestionou nunha entrevista que exista unha "maioría suficiente" para solicitar a oficialidade do asturiano na próxima reforma do Estatuto de Autonomía.
Fonte: 20minutos
Partidarios da lingua asturiana celebran o Día das Letras pedindo a oficialidade
Partidarios da lingua celebraron o Día das Letras Asturianas reclamando a oficialidade, nunha concorrida manifestación que, como todos os anos, organizou a Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana.
Fonte: Europa Press
A cifra de alumnos de asturiano aumentou en 9.700 estudantes
A matriculación na materia de Lingua Asturiana incrementouse nos últimos dez anos nuns 9.700 alumnos segundo informou o conselleiro de Educación, José Luis Iglesias Riopedre, quen engadiu que o profesorado desta materia aumentou nun 63 por cento no mesmo período.
Fonte: La Nueva España
Máis de 3.000 mensaxes de correo electrónico piden máis asturiano na Radio Televisión Pública de Asturias
A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana cualifica de éxito a campaña de envío masivo de correos electrónicos, con máis de 3.000 mensaxes enviadas aos directivos do ente público.
Fonte: Asturies.com
Os docentes piden que todos os centros de educación infantil impartan lingua asturiana
O novo currículo oficial de infantil non inclúe a materia de asturiano, polo que os centros que solicitan un profesor para ofertar a materia reciben unha negativa da Consellería de Educación. Porén, dáse a circunstancia de que os colexios que xa tiñan asturiano antes da entrada en vigor deste currículo manteñen os seus docentes e seguen ensinando esta lingua.
Fonte: La Voz de Asturias
O Consello de Goberno do Principado de Asturias aproba o minor de Asturiano
O Consello de Goberno do Principado de Asturias aprobou os novos graos universitarios, entre os que está o de Linguas Modernas e as súas Literaturas, no que se inclúe o minor de asturiano.
Fonte: Asturies.com
Boletín
Subscríbase ao boletín