Asturias
Softastur traduce ao asturiano o paquete informático OpenOffice.org
Softastur está finalizando a versión en asturiano de OpenOffice.org tras dous anos de traballo. A versión asturiana vai estar a disposición dos usuarios de calquera sistema operativo (GNU/Linux, Windows, Mac Os etc.) a partir da versión 3.2.
Fonte: InfoAsturies
Varios concellos asturianos conclúen a revisión dos seus topónimos tradicionais
Un total de 40 concellos dos 78 da rexión concluíu xa a revisión dos seus topónimos tradicionais e outros 21 iniciaron este proceso.
Fonte: RTPA
O reitor da Universidade de Oviedo reitera o seu apoio á lingua asturiana
O reitor da Universidade de Oviedo, Vicente Gotor, reiterou o seu compromiso co asturiano durante o seu nomeamento como patrón de honra da Fundación Caveda y Nava, en Villaviciosa, polo seu traballo para "desbloquear" a situación da lingua asturiana no ámbito universitario.
Fonte: La Voz de Asturias
Esixen maior compromiso do Concello de Xixón co asturiano
O Concello de Xixón non cumpre coas obrigas que el mesmo se impuxo ao aprobar a ordenanza da lingua asturiana, o plan de normalización e a nova toponimia oficial do concello. Por iso, os integrantes do Consello Asesor da Lingua Asturiana de Xixón acaban de emitir unha resolución que se converte nunha reprimenda a concelleiros, funcionarios municipais e responsables políticos da Administración local.
Fonte: La Nueva España
Unha organización de xuristas asturiana crea un rexistro da discriminación lingüística
Xuristes pol Asturianu ten feito un rexistro dos casos de discriminación lingüística ocorridos en Asturias dende 1979. Un traballo que se quere actualizar a partir de agora día tras día. Ademais este rexistro quere ser o paso previo á creación do Observatorio da Discriminación Lingüística en Asturias.
Fonte: Asturies.com
Nace o Colectivo de Internautas polo Asturiano para apoiar a presenza da lingua asturiana na rede
O Colectivo de Internautas polo Asturiano (Codipa) é unha organización formada por usuarios de internet que desexan navegar pola rede usando a lingua asturiana.
Fonte: Asturies.com
O Bloque por Asturias pídelle ao arcebispo de Oviedo que use o asturiano "con normalidade"
O portavoz del Bloque por Asturias, Pablo Fernández, solicitoulle ao novo arcebispo de Oviedo, Jesús Sanz, que utilice a lingua asturiana con normalidade, como ferramenta no mundo eclesiástico e na liturxia.
Fonte: Europa Press
A Universidade de Oviedo asumirá máis compromiso coa lingua asturiana, pero sen facela propia
Un dos puntos recollidos nos novos estatutos da Universidade de Oviedo é o uso da lingua asturiana na Universidade. Segundo a nova normativa, a institución docente asumirá «un maior compromiso» na normalización e desenvolvemento do asturiano, pero rexeita a súa consideración como «lingua propia», tal e como propoñía unha das emendas presentadas contra o novo texto normativo.
Fonte: La Nueva España
Impugnan o regulamento que fixa as comunicacións en asturiano coa Universidade de Oviedo

O Aconceyamientu de Xuristes pol Asturianu acaba de formalizar, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Asturias, unha demanda contra o Acordo do Consello de Goberno da Universidade de Oviedo, polo que se aproba o regulamento para a presentación e recepción de escritos en asturiano, xa que, segundo esta asociación, contradí a legalidade e pon impedimentos ao uso do asturiano nas comunicacións coa Universidade.
Fonte: Asturies.com
O Partido Asturianista esixe que en 2010 a Radiotelevisión do Principado cumpra coa toponimia e a lingua asturianas
O Secretario de Organización da Executiva do Partido Asturianista, José Antonio Fernández Alonso, pediu que en 2010 a Radiotelevisión do Principado cumpra coa toponimia oficial de Asturias e que haxa unha maior presenza da lingua asturiana no ente público.
Fonte: Asturies.com
Boletín
Subscríbase ao boletín