Asturias
Consellos da Xuventude de varias comunidades de España posiciónanse a prol do plurilingüismo
Os Consellos da Xuventude de Galicia, Asturias, Cataluña, Illas Baleares, Euskadi, Navarra, o País Valenciano e Aragón asinaron un manifesto conxunto a prol do recoñecemento do plurilingüismo no Estado español nunha xornadas celebradas en Oviedo.
Fonte: Vieiros
Sindicatos mobilízanse en defensa da lingua asturiana
Os sindicatos Suatea e CCOO mobilizáronse en defensa da creación da especialidade da lingua asturiana nos corpos docentes do Principado.
Fonte: La Voz de Asturias
Un novo regulamento regulará a presentación de escritos en lingua asturiana na Universidade de Oviedo
A Universidade de Oviedo acolle a normalización da lingua asturiana, aínda que non tan amplamente como se reclamaba desde algúns sectores. Para empezar, xa o vindeiro día 28 se aprobará un regulamento que regula a presentación de escritos en asturiano e os novos estatutos da institución proporán impulsar o idioma autóctono.
Fonte: La Voz de Asturias
O Concello de Lena inclúe o requisito do uso do asturiano para conseguir subvencións
O Goberno do Concello de Lena acaba de convocar unhas subvencións nas que a novidade é que entre as obrigas das asociacións e colectivos que queiran optar a estas está a de facer a publicidade bilingüe (asturiano-castelán) ou só en asturiano.
Fonte: Asturies.com
A Universidade de Oviedo admitirá documentos en asturiano sempre que a súa tramitación sexa sinxela e non urxente
A Universidade de Oviedo admitirá a partir do vindeiro mes de xuño documentos escritos en asturiano, sempre e cando impliquen unha tramitación sinxela e non unha xestión ou resposta urxente. O regulamento sobre a presentación de escritos en asturiano aprobouse no Consello de Goberno desta Universidade con 39 votos a favor, ningún en contra e cinco abstencións.
Fonte: Asturies.com
Un total de 17.000 alumnos de primaria e 4.450 de secundaria cursan asturiano
O conselleiro de Educación e Ciencia de Asturias, José Luis Iglesias Riopedre, destacou a "importante presenza" do asturiano nas aulas do Principado, onde estudan a materia 17.000 alumnos de primaria e 4.450 de secundaria.
Fonte: El Comercio Digital
O sindicato Suatea lembra que a oferta de lingua asturiana é obrigatoria en todos os cursos
O Sindicato Unitario Autónomo de Traballadores da Ensinanza de Asturias (Suatea) lembrou, tanto á Inspección Educativa, como a todos os centros de ensino público de Asturias, que "a materia de Lingua Asturiana e Galego-Asturiano é de obrigada oferta".
Fonte: Europa Press
O tradutor automático de asturiano estará listo para finais de 2009

O software de tradución automática de asturiano, no que están a traballar a Universidade de Oviedo e a Academia da Lingua Asturiana, baixo patrocinio da Consellería de Cultura do Goberno asturiano, podería ter unha primeira versión en probas a finais do presente ano 2009.
Fonte: Qué
O departamento asturiano de Cultura posiciónase ante o avance do galego
O Principado planea a creación dunha nova oficina de coordinación cultural e lingüística en Vegadeo, que ao mesmo tempo sirva para preservar esta zona fronteiriza do avance galego en política lingüística.
Fonte: La Voz de Asturias
O Principado de Asturias destinará 700.000 euros para traducir a súa web ao asturiano e ao inglés
O Consello de Goberno de Asturias aprobou destinar 696.000 euros á contratación do servizo de tradución dos contidos da páxina web oficial do Principado ao asturiano e ao inglés durante os anos 2009 a 2012.
Fonte: 20minutos
Boletín
Subscríbase ao boletín