Asturias
Nace unha plataforma en defensa da lingua asturiana na Educación Infantil
A plataforma, formada por familias con fillas e fillos que cursan o segundo ciclo de Educación Infantil, denuncia o incumprimento de moitos centros de Asturias no que respecta á materia de lingua asturiana nesta etapa educativa.
Fonte: InfoAsturies
O asturiano non vai ser “lingua propia” da Universidade de Oviedo
A Comisión que está a elaborar os novos estatutos da Universidade de Oviedo rexeitou a proposta que a profesora Paz Andrés presentou na primeira reunión da Comisión na que se pedía “o uso do asturiano como lingua propia da Universidade de Oviedo".
Fonte: Asturies.com
A Oficina Municipal da Lingua de Xixón organiza actividades para promover o asturiano entre os escolares
A Oficina Municipal da Lingua de Xixón desenvolve un importante labor de difusión do asturiano entre os escolares. Para conseguir a normalización entre os máis novos, a entidade realiza 14 actividades didácticas para aproximar e fomentar o uso desta lingua nos colexios.
Fonte: La Voz de Asturias
Máis de 430 establecementos de Xixón únense a unha campaña de promoción do uso do asturiano
O uso da lingua asturiana esténdese cada vez con máis intensidade entre os diversos sectores da cidade de Xixón. Boa proba disto é a adhesión por parte de 435 comercios e establecementos hostaleiros ás campañas promovidas pola Oficina Municipal da Lingua durante o pasado ano.
Fonte: La Voz de Asturias
O Bloque por Asturies solicita o envío de toda a documentación sobre o asturiano ao Consello de Europa e ao Goberno
O Bloque por Asturies (BA) esixiulle á directora xeral de Política Lingüística do Principado, Consuelo Vega, a través dunha nota de prensa escrita en asturiano, que "se poña a traballar" e envíe toda a documentación sobre a lingua asturiana ao Consello de Europa e ao Goberno central.
Fonte: Europa Press
Dúas organizacións en defensa do asturiano promoven unha iniciativa para dirixirlles ao Goberno español e ao Consello de Europa
A Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana e o Aconceyamientu de Xuristes pol Asturianu anunciaron un acordo de colaboración para a defensa dos dereitos lingüísticos que vai ter como primeiro punto a interlocución co Goberno español, co apoio de organizacións que reúnen falantes de asturiano, seguindo así a esixencia do Consello de Europa.
Fonte: Asturies.com
A Academia da Lingua Asturiana vai crear un departamento de tradución
A Academia da Lingua Asturiana acaba de anunciar a creación dun departamento de tradución. O obxectivo é apoiar academicamente a calidade das traducións sobre todo do asturiano ao castelán e viceversa, aínda que sen descartar as traducións a outras linguas.
Fonte: Asturies.com
A Xunta pola Llingua convoca unha manifestación pola mención de asturiano en Maxisterio e a especialidade docente
A Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana convocou unha manifestación contra a "exclusión da lingua asturiana no sistema educativo", na que pedirá que se aprobe unha mención de asturiano na reforma dos estudos de Maxisterio e a creación da especialidade para que se convoquen as prazas de profesores de lingua asturiana na educación primaria e secundaria.
Fonte: Qué
A asociación de Xuristas polo Asturiano entrega un novo informe sobre a lingua asturiana ao Consello de Europa
A asociación de Xuristas polo Asturiano (Aconceyamientu de Xuristes pol Asturianu) entregoulle o seu quinto informe ao Consello de Europa, "un traballo técnico no que se razoa e demostra que de acordo coa única interpretación posible do Instrumento de Ratificación da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias asinada por España, as súas autoridades están obrigadas a xustificar ante este Consello as razóns do incumprimento da parte III da devandita Carta na que se fai referencia á lingua asturiana”.
Fonte: Asturies.com
A Academia da Lingua Asturiana e outras organizacións piden a oficialidade do asturiano
A Academia da Lingua Asturiana considerou "gravísima" a situación de perigo de desaparición na que a última versión do Atlas das linguas en perigo do mundo da Unesco sitúa o asturiano, e esixe, como única solución, a súa oficialidade.
Fonte: Asturies.com
Boletín
Subscríbase ao boletín