Asturias
A Consellería de Educación de Asturias convoca axudas para apoiar a normalización do asturiano e o galego-asturiano no ámbito local
A Consellería de Educación e Cultura do Principado convocou unha liña de subvencións dotada con 50 000 euros para o fomento do asturiano e do galego-asturiano, coa finalidade de promover o desenvolvemento de actividades encamiñadas á normalización do seu uso social.
Fonte: 20 minutos
Oviedo acolle unha manifestación para reivindicar a oficialidade da lingua asturiana

Co gallo da celebración do Día das Letras Asturianas, Oviedo acolleu unha manifestación convocada pola Xunta pola Defensa da Lingua a prol do asturiano á que acudiron centos de persoas.
Fonte: La Nueva España
A Academia da Lingua Asturiana amósase optimista ante o incremento do apoio á oficialidade do asturiano
A Academia da Lingua Asturiana continúa a demandar a oficialidade do asturiano e amósase esperanzada polo incremento do apoio a esta causa. Por exemplo, consideran un dato moi positivo que, segundo as estatísticas, o 70 % da mocidade é favorable a esta demanda.
Fonte: La Nueva España
Apróbase a ordenanza de uso da lingua asturiana no Concello de Noreña
O Concello de Noreña aprobou a súa ordenanza de utilización do asturiano, que fora anulada en xaneiro de 2018 polo Tribunal Superior de Xustiza de Asturias por conter defectos de forma, despois de que se realizasen as correspondentes correccións.
Fonte: InfoAsturies
O Principado de Asturias convoca un concurso de microrrelatos en asturiano
O concurso de microrrelatos improvisados en asturiano “Entaína a escribir”, que se enmarca na celebración da Semana das Letras Asturianas, está destinado a persoas de 14 a 35 anos, que deberán redactar nun tempo máximo de 20 minutos un microrrelato nesta lingua.
Fonte: La vanguardia
Centos de persoas reclaman en Xixón a oficialidade da lingua asturiana

As rúas de Xixón acolleron a manifestación para reclamar a oficialidade da lingua asturiana e esixir que na vindeira lexislatura se modifique o Estatuto de Autonomía para recoller esta reivindicación.
Fonte: La Nueva España
Unha manifestación pola oficialidade do asturiano percorrerá as rúas de Xixón o 6 de abril

O día 6 de abril Xixón acollerá unha manifestación de apoio á oficialidade do asturiano. Por este motivo, a Xunta pola Defensa de la Llingua puxo en marcha un reto (#OficialidaChallenge) para que as redes sociais se enchan de vídeos de apoio á participación na marcha.
Fonte: La Nueva España
O Concello de Xixón organiza un obradoiro de lingua asturiana destinado ás empresas

A Oficina de Normalización Lingüística de Xixón considera o sector socioeconómico fundamental para a sociedade actual, polo que vai organizar ao longo de 2019 varias actuacións destinadas ao impulso do uso do asturiano nas empresas. A primeira delas será un obradoiro de carácter práctico sobre o emprego desta lingua, no que se lles proporcionará ás empresas as ferramentas necesarias para que a utilicen na súa actividade diaria.
Fonte: InfoAsturies
O Goberno de Asturias aproba os decretos que determinan os topónimos oficiais de Oviedo, Onís e Coaña
O Goberno asturiano aprobou os decretos que determinan os topónimos oficiais de Oviedo, Onís e Coaña, co que na actualidade xa son 64 os municipios que teñen aprobada a toponimia tradicional.
Fonte: 20minutos
As editoriais en asturiano reivindican maior flexibilidade nas axudas públicas e máis presenza nas bibliotecas

As editoriais, ante a escaseza de vendas e a falta de visibilidade da literatura en asturiano, demandan maior presenza nas bibliotecas e unha política cultural que favoreza o sector, así como cambios na articulación das axudas públicas para que sexan menos ríxidas.
Fonte: 20 minutos
Boletín
Subscríbase ao boletín