Asturias
O Tribunal Superior de Xustiza do Principado de Asturias anula a ordenanza de uso do asturiano do Concello de Mieres
A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza do Principado de Asturias indica que un concello carece de potestade para regular o uso dunha lingua que, como o asturiano, non é oficial, e situala en igualdade de condicións que o castelán, que si o é.
Fonte: La Voz de Asturias
As primeiras probas oficiais de aragonés contaron coa participación de arredor de 500 persoas
Das case 500 persoas que se presentaron ás primeiras probas oficiais de aragonés para os niveis B2, B1 e A2 na Escola Oficial de Idiomas de Zaragoza, conseguiu a cualificación de apto un 71,94 %.
Fonte: La Voz de Asturias
Convócanse para maio as primeiras probas de certificación do nivel de asturiano
O Goberno do Principado convocou as primeiras probas de certificación de lingua asturiana, cuxos certificados poderán ser valorados nos procesos de recoñecemento de méritos xestionados desde a Administración autonómica.
Fonte: El Comercio
Reclaman o uso do asturiano nas campañas de 'Alimentos do Paraíso'
Unha organización solicítalle ao Goberno do Principado o emprego do asturiano nas campañas e as marcas das Indicacións Xeográficas Protexidas, Consellos Reguladores e Denominacións de Orixe, ademais de na campaña de “Alimentos do Paraíso”.
Fonte: 20minutos
Unha tese de doutoramento trata a situación da lingua asturiana durante o franquismo
A Universidade de Oviedo acolleu a presentación dunha tese de doutoramento do xornalista e profesor Inaciu Galán que trata a situación da lingua asturiana durante o franquismo.
Fonte: AsturNews
Preséntase un borrador do novo Plan de normalización lingüística 2020-2023 de Xixón

O novo Plan de normalización lingüística 2020-2023 do Concello de Xixón inclúe 89 medidas, a maioría recollidas xa no plan 2016-2019 ás que se suman algunhas que fan referencia ao impulso do asturiano entre a mocidade ou á necesidade de fixar unha presenza mínima desta lingua nas actividades do Consistorio, entre outras.
Fonte: El Comercio
Danone emprega o asturiano na súa campaña publicitaria para grandes superficies
A campaña de produtos lácteos inclúe o texto 'Cola lleche fresca de 50 granxes familiares asturianes', o que, segundo Iniciativa polo Asturiano, confirma o uso da lingua como un factor positivo para a creación empresarial, que permite o contacto directo cos consumidores, diferencia a marca e achégalle valor engadido.
Fonte: Asturies.com
Xa está aberto o prazo da votación para escoller a mellor nova de 2019 para a lingua asturiana
Esta votación ten como obxectivo que a cidadanía coñeza as novas publicadas sobre o asturiano durante o 2019, que cada ano crecen en número, así como facer un repaso aos principais temas tratados, o que evidencia o traballo realizado por Iniciativa polo Asturiano.
Fonte: Infoasturies
Avilés acolle un concerto reivindicativo para reclamar a oficialidade da lingua asturiana

A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana organiza o evento, denominado A banda sonora da oficialidade, no que quince artistas actúan para reivindicar unha reforma do Estatuto de Autonomía que recoñeza a oficialidade do asturiano e faga transcender a lei de usos e promoción desta lingua, actualmente en vigor.
Fonte: La Nueva España
Increméntase nos orzamentos de 2020 a partida dedicada á lingua asturiana

Os orzamentos dedicados ao asturiano pasan de 1 7037 630 euros a 1 904 630, o que supón un incremento de 201 000 €, unha cantidade que representa o 0,04 % do total. As partidas máis importantes son as destinadas á televisión pública, ao novo servizo de normalización lingüística da Universidade de Oviedo e á Academia da Lingua Asturiana.
Fonte: El Comercio
Boletín
Subscríbase ao boletín