Asturias

A Universidade de Oviedo iniciará o seu servizo de normalización lingüística en 2020

O servizo de normalización reforzará a coordinación á hora de realizar proxectos e optimizar recursos, especialmente no referido á elaboración e difusión de campañas e cursos para adultos.

Fonte: La Voz de Asturias

Asturias

O Concello de Oviedo elimina dos orzamentos de 2020 as partidas dedicadas á lingua asturiana

Os partidos do actual goberno de Oviedo eliminaron as partidas orzamentarias que deberían dedicarse ao asturiano en 2020: a relativa a unha oferta pública de emprego como coordinador/a en lingua asturiana e a destinada a subvencionar a Academia da Lingua Asturiana.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Solicitan o recoñecemento da especialidade docente de asturiano como unha necesidade para o profesorado desta lingua

Iniciativa polo Asturiano solicítalles aos deputados de Asturias que acheguen esta necesidade ao Goberno central para así recoñecer e mellorar as condicións dos docentes de lingua asturiana ao considerar que se atopan nunha situación de desigualdade respecto a mestres e mestras doutras materias.

Fonte: La Voz de Asturias

Asturias

Chega unha nova edición do concurso de promoción do asturiano Xixón Fala en 3

O concurso Xixón Fala en 3, organizado polo Concello, busca promover o asturiano entre a cidadanía para o que as persoas participantes deben defender un tema determinado nesta lingua durante tres minutos empregando un rexistro culto.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Constitúese en Xixón o Consello Asesor da Lingua

O Consello Asesor da Lingua, un órgano de carácter municipal creado en Xixón, celebrou a súa primeira reunión na que se acordou a  creación dunha comisión executiva para avaliar o plan de normalización lingüística do asturiano e deseñar actividades para desenvolver o vindeiro ano.

Fonte: El Comercio

Asturias

Xixón contará cun protocolo para impulsar medidas de dignificación social do asturiano

O Concello de Xixón e a Academia da Lingua Asturiana mantiveron unha reunión na que se comprometeron a colaborar no impulso de medidas que favorezan a dignificación social do asturiano na cidade.

Fonte: La Voz de Asturias

Asturias

Un informe alerta do descenso no número de estudantes de lingua asturiana

Segundo un informe elaborado polo sindicato CC. OO., desde o curso 2007-2008, o número de matriculacións en lingua asturiana descendeu un 14,5 % en Primaria e un 8 % en Secundaria, mentres que no Bacharelato a súa presenza é testemuñal.

Fonte: El Comercio

Asturias

A Sociedade de Amigos do País organiza unha mesa redonda para debater sobre a cooficialidade do asturiano

A cooficialidade do asturiano será obxecto de debate no Centro de Servizos Universitarios de Avilés, onde a Sociedade de Amigos do País organiza unha mesa redonda sobre este tema na que participarán persoas de diferentes ámbitos.

Fonte: La Nueva España

Asturias

A Universidade de Oviedo publica o primeiro libro de texto para o ensino universitario do asturiano

O manual, incluído na colección de Textos Universitarios, recolle un achegamento á lingua asturiana a nivel fonético, gramatical e léxico, así como os seus usos orais e escritos e diversa bibliografía e ferramentas dixitais de interese para a aprendizaxe desta lingua.

Fonte: La Voz de Asturias

Asturias

O Departamento de Política Lingüística proporá un modelo de oficialidade para a lingua asturiana

Comprométense a elaborar este novo modelo a través da coordinación e o debate cos grupos políticos representados na Xunta Xeral Autonómica, así como coa sociedade civil e outras institucións, empresas, sindicatos e asociacións.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder