Asturias
Piden que a nova dirección da Televisión do Principado de Asturias aposte polo uso do asturiano

O colectivo Iniciativa pol Asturianu solicitou o nomeamento dunha directora ou director da TPA que aposte por unha programación que contribúa a normalizar o asturiano e o galego-asturiano, despois dun período de retroceso das emisións en lingua asturiana que quedaron reducidas ao 1 %..
Fonte: La Nueva España
Denuncian a falta de profesorado de Lingua Asturiana
As carencias de profesorado da materia de Lingua Asturiana nalgúns centros educativos do Principado son motivo de preocupación para o Sindicato de Ensino de CCOO que denuncia o empeoramento da situación con respecto ao curso pasado.
Fonte: 20minutos
A Organización das Nacións Unidas realizará un informe sobre a situación da lingua asturiana
O relator especial das Nacións Unidas sobre as minorías mantivo unha reunión co presidente da organización Iniciativa pol Asturianu para coñecer a situación da lingua asturiana e dos dereitos lingüísticos dos seus falantes, para logo emitir un informe ao respecto.
Fonte: La Nueva España
Denuncian a marxinación da lingua asturiana na Radiotelevisión do Principado de Asturias
A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana denunciou nun comunicado a marxinación que sofre o asturiano na Radiotelevisión do Principado de Asturias, incumprindo así a lexislación vixente que determina que debe ser unha ferramenta para a promoción deste idioma.
Fonte: Infoasturies.com
Unha asociación pide que o Rei Felipe VI empregue tamén o asturiano no discurso de Nadal
A plataforma Iniciativa pol Asturianu demandou que o Rei Felipe VI empregue o asturiano, xunto ás outras linguas do Estado, no discurso de Nadal.
Fonte: 20 minutos
O Goberno do Principado entrega os premios literarios en lingua asturiana deste ano
A Consellería de Educación e Cultura entrega no paraninfo da Universidade de Oviedo os seis premios literarios en asturiano convocados este ano, que teñen como obxectivo consolidar esta lingua como vehículo de expresión literaria.
Fonte: El Búscolu
A Xunta reúnese en Oviedo co comité de expertos encargado do seguimento da carta europea das linguas

A Xunta de Galicia reuniuse en Oviedo co comité de expertos encargado do seguimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias (CELRM), o tratado internacional subscrito por España e ratificado no ano 2001 a prol do uso das linguas cooficiais.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Un novo decreto establece os niveis de competencia da lingua asturiana

O Boletín Oficial do Principado publicou o decreto polo que se establecen cinco niveis de competencia do asturiano adaptados ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.
Fonte: La Voz de Asturias
Só o 0,04 % dos orzamentos do Principado para 2019 estará destinado á promoción do asturiano
O proxecto de orzamentos para 2019 do Goberno do Principado destina unha partida para promoción do asturiano que ascende a 1 703 630 euros, o que converte a Dirección Xeral de Planificación Lingüística e Normalización no departamento con menos orzamento de toda a Administración.
Fonte: La Nueva España
O Concello de Xixón organiza un concurso para impulsar o uso do asturiano

A Oficina de Normalización Lingüística de Xixón organiza o concurso ‘Xixón Fala en 3’ que ten como obxectivo fomentar o emprego do asturiano sobre calquera temática.
Fonte: Asturies.com
Boletín
Subscríbase ao boletín