Asturias

RTVE apoiará a inclusión do asturiano nos seus contidos televisivos e radiofónicos

A administradora provisional única da Corporación RTVE, Rosa María Mateo, afirmou que a radio e a televisión públicas apoiarán a inclusión da lingua asturiana nos seus contidos.

Fonte: La Vanguardia

Asturias

Convócase a primeira edición do concurso Formientu de guións de curtametraxe en asturiano ou galego-asturiano

Ao Concurso de guión de curtametraxe Formientu pódense presentar guións orixinais e inéditos, escritos en asturiano ou galego-asturiano e cunha extensión máxima de dez páxinas.

Fonte: El Búscolu

Asturias

Demandan que a lingua asturiana teña un papel protagonista nas campañas de promoción da sidra

A XDLA lamenta que o Goberno do Principado e o Consello Regulador DOP Sidra de Asturias ignorasen o emprego da lingua asturiana en dúas importantes campañas.

Fonte: AsturNews

Asturias

Piden unha reforma do Estatuto de Autonomía de Asturias para oficializar o asturiano e o galego-asturiano

Co gallo da celebración do Día das Letras Asturianas, un deputado de Podemos insistiu na necesidade de reformar o Estatuto de Autonomía do Principado para declarar a oficialidade do asturiano e o galego-asturiano.

Fonte: Galicia Confidencial

Asturias

Ponse en marcha nas redes sociais unha mobilización para pedir a oficialidade do asturiano

A Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana organizou para o 8 de maio unha campaña nas redes sociais co obxectivo de que a xente publique frases a favor da oficialidade do asturiano co cancelo #Oficialidá.

Fonte: 20minutos

Asturias

O Concello de Avilés ofrece un ciclo de actividades virtuais en asturiano para persoas adultas

O ciclo "Pa que nun t'aburras: Cocina, Visita y Caleyavilés", dirixido ao público adulto, desenvolverase entre os días 20 e 24 de abril. Consta de cinco actividades virtuais e gratuítas en asturiano que ofrecen alternativas culturais e de lecer, como un obradoiro de cociña, unha exposición virtual...

Fonte: La Nueva España

Asturias

Xa está dispoñible na rede o documental 'El valir económicu d'una llingua'

O documental El valir económicu d'una llingua presenta o asturiano como un elemento de dinamización empresarial, así como de creación de empresas e de xeración de emprego e riqueza.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Ponse en marcha unha campaña en asturiano para homenaxear as avoas do Principado

A marca Puru Remangu impulsa a campaña #30DíesConRemangu, unha  iniciativa coa que se pretende que ao longo do mes de marzo a rede social Instagram se encha de historias de avoas asturianas.

Fonte: La Vanguardia

Asturias

Ponse en marcha unha campaña para que a cidadanía poida reclamarlles aos concellos o uso do asturiano e do galego-asturiano

A campaña, que ten como lemas 'Nel mio conceyu, na mio llingua' ou 'Nel meu conceyo, na mio llingua', busca que a cidadanía, a través dun modelo de solicitude, reclame o uso do asturiano e do galego-asturiano por parte dos seus concellos.  

Fonte: Galicia Confidencial

Asturias

Ponse en marcha no Principado un programa de alfabetización para persoas adultas en asturiano

A Consellería Cultura, Política Lingüística e Turismo informou de que se van organizar cursos formativos para persoas adultas adaptados ás probas oficiais de competencia no uso da lingua asturiana, con cinco niveis de acordo co Marco Común Europeo de Referencias para as Linguas.

Fonte: La Vanguardia

Asturias

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder