Asturias
O asturiano estará presente nun congreso en Portugal
Segundo informou a organización, a conferencia centrarase en repasar os riscos da globalización e as posibilidades que as novas tecnoloxías abriron para a lingua asturiana.
Fonte: La Voz de Asturias
Os dous candidatos a reitor da Universidade de Oviedo asinan un acordo para normalizar o asturiano
Os dous candidatos asinaron o Acordo Programático para a Política Lingüística na Universidade de Oviedo (2012-2016), o que garante que nos próximos anos sigan dándose pasos pola normalización do asturiano na institución.
Fonte: ABC
Os alumnos de Infantil de Asturias terán dúas ou tres horas de inglés á semana
A lingua estranxeira será obrigatoria nos colexios do Principado de Asturias para os nenos de tres anos a partir do curso que vén.
Fonte: El Comercio
A organización Iniciativa polo Asturiano chama a participar na manifestación pola oficialidade desta lingua
A organización Iniciativa polo Asturiano chamou a participar na Manifestación pola Oficialidade, en Oviedo. Este acto reivindicativo celébrase coincidindo co Día das Letras Asturianas.
Fonte: Europa Press
O Tribunal Supremo anula as cotas mínimas de alumnos para cursar asturiano na ESO
O Tribunal Supremo anulou o requirimento mínimo de oito alumnos que establecera o Goberno rexional para ofertar o ensino de asturiano na Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).
Fonte: ABC
Critican o Festival de Cine de Xixón por non usar o topónimo asturiano do concello
O logo do Festival Internacional de Cine de Xixón non inclúe as siglas que se usaron noutras ocasións e onde si aparecía o topónimo asturiano (FICXixón), fronte ao nome completo do festival, onde tamén se usou a forma castelá de chamar a este concello asturiano.
Fonte: Asturnews
Un informe ve viable a integración do asturiano no currículo de Primaria e Secundaria
Un informe xurídico realizado a petición do Goberno do Principado determina que é viable tanto a creación da especialidade en Lingua Asturiana no currículo da Educación Primaria e Secundaria coma o desenvolvemento dun grupo docente específico para a súa impartición.
Fonte: El Comercio
Xa se pode usar Twitter co asturiano como lingua vehicular
A organización Iniciativa polo Asturiano acaba de asinar un convenio con Splitweet, un xestor de contas de Twitter, polo que a plataforma ofrece desde agora unha versión en asturiano de todo o sistema.
Fonte: Asturnews
Iniciativa polo Asturiano pídelle á Real Academia Española que redefina o termo ‘asturiano’ como lingua e non como dialecto
O presidente de Iniciativa polo Asturiano, Inaciu Galán, presentou ante a Real Academia Española (RAE) un informe destinado a redefinir o termo ‘asturiano’ no dicionario, no que actualmente figura como un dialecto e non coma unha lingua.
Fonte: El Comercio
Xixón aposta pola lingua e cultura asturianas como motor de desenvolvemento e atractivo turístico
A voceira municipal e presidenta do PP en Xixón, Pilar Fernández Pardo, apostou por pór en valor todo o que atinxe á lingua e cultura asturianas, como impulsor dunha industria cultural asturiana capaz de transformar a este sector nun motor de desenvolvemento económico e social, que xere ingresos á rexión.
Fonte: 20 minutos
Boletín
Subscríbase ao boletín