Asturias
A Comisión de Educación e FP demándalle ao Goberno a creación da Especialidade Docente do Profesorado de Lingua Asturiana e Literatura
A Comisión de Educación e FP do Congreso aprobou unha proposición non de lei pola que se insta o Goberno a recoñecer e crear a Especialidade Docente do Profesorado de Lingua Asturiana e Literatura.
Fonte: El Comercio
O Estatuto de Autonomía de Galicia proponse como modelo para a oficialidade do asturiano
Na primeira reunión entre os grupos parlamentarios para a reforma do Estatuto de Autonomía do Principado, tratouse a proposta de avanzar cara á oficialidade do asturiano tomando como modelo de redacción o Estatuto de Galicia.
Fonte: La Voz de Asturias
Publícase o primeiro dicionario sobre o galego de Asturias

O profesor e investigador Carlos Xesús Varela Aenlle é o responsable do primeiro Dicionario do galego de Asturias, unha iniciativa que recolle o vocabulario de 18 concellos do Eo-Navia.
Fonte: Nós Diario
Oviedo acollerá unha manifestación para reclamar a oficialidade da lingua asturiana
O 16 de outubro está convocada unha manifestación en Oviedo para reclamar a oficialidade da lingua asturiana aproveitando o anuncio do presidente do Principado de reformar o Estatuto de Autonomía.
Fonte: Onda Cero
O Principado e a Academia da Lingua Asturiana mostran o seu apoio ao cambio da denominación do galego-asturiano
Defenden o cambio da denominación do galego-asturiano pola de fala eonaviega ou eonaviego porque, segundo un informe da Academia da Lingua Asturiana, o termo actual non conecta co sentimento popular das persoas da zona.
Fonte: La Nueva España
A Academia da Lingua Asturiana publica a sexta edición de “El Principín”
A tradución de Xosé Lluis García Arias do libro de Antoine de Saint-Exupéry, editada por primeira vez en 1983, é a obra máis editada en asturiano.
Fonte: El Comercio
O asturiano está cada vez máis presente na Feira Internacional de Mostras de Asturias
A lingua asturiana está presente, na actual edición da Feira Internacional de Mostras de Asturias (FIDMA) que se celebra ata o 22 de agosto, no pavillón do Goberno asturiano e nos postos de varios concellos.
Fonte: Asturies.com
Xa se coñecen as obras finalistas do Premio Nel Amaro de teatro en asturiano ou galego-asturiano

Son catro as obras seleccionadas como finalistas do IV Premio Nel Amaro de teatro profesional en asturiano ou galego-asturiano que se convoca co obxectivo de apoiar e prestixiar estas dúas linguas no ámbito da arte dramática.
Fonte: La Voz de Asturias
Complétase o dicionario etimolóxico da lingua asturiana coa publicación do seu sexto tomo
Xosé Lluis García Arias, antigo catedrático da Universidade de Oviedo, completa o seu “Diccionariu Etimolóxicu de la Llingua Asturiana” cun sexto tomo e afirma que é unha gran satisfacción colaborar para que a lingua de Asturias teña peso propio no conxunto cultural europeo.
Fonte: La Nueva España
O TermAst publica unha proposta sobre a terminoloxía de deportes e probas olímpicas
Xa se pode consultar a nova proposta do Centro de Terminoloxía Asturiana, que publicou a “Terminoloxía de deportes y pruebes olímpiques”. Trátase da terminoloxía asturiana dos Xogos olímpicos.
Fonte: Diario Alerta
Boletín
Subscríbase ao boletín