Asturias
A lingua asturiana protagoniza unha das xornadas da Feira Internacional de Mostras de Asturias
O asturiano protagonizou o sábado 20 de agosto unha das xornadas da Feira Internacional de Mostras de Asturias (FIDMA), que por primeira vez dedicou un día a esta lingua.
Fonte: Asturies.com
A Universidade de Oviedo xa inclúe o asturiano na oferta de linguas para este curso
O asturiano inclúese xa na listaxe de 15 idiomas que se poderán aprender na Universidade de Oviedo, xunto ao español para estranxeiros. En concreto, impartirase en multinivel A1-B2 e o número de prazas do curso ascende a 25.
Fonte: Asturies.com
Denuncian que a Universidade de Oviedo retira o asturiano da súa oferta de idiomas para o curso 2022-2023
A Casa das Linguas da Universidade de Oviedo ofertará para o curso 2022-2023 a ensinanza de 15 idiomas entre os que non figura o asturiano que se substituíu polo ucraíno.
Fonte: Asturies.com
A Feira Internacional de Mostras de Asturias contará cun día dedicado á lingua asturiana
A LXV Feira Internacional de Mostras de Asturias (FIDMA) celebrará o 20 de agosto o Día da Lingua Asturiana que se suma ás xornadas dedicadas ao deporte, as persoas maiores, o transporte...
Fonte: Asturies.com
Iniciativa polo Asturiano propón a habilitación en lingua asturiana dos guías turísticos

Iniciativa polo Asturiano propón que os guías turísticos se formen na súa propia lingua, posto que unha certificación do coñecemento da lingua asturiana engadida á oferta turística permite a promoción e normalización social do asturiano, o coñecemento e a formación nesta lingua e darlle máis valor e prestixio.
Fonte: Asturies.com
O Principado contará cunha oficina de dereitos lingüísticos

O Goberno do Principado porá en marcha a Oficina de Dereitos Lingüísticos que centralizará a xestión de todas as queixas, suxestións ou solicitudes de información ou de asesoramento presentadas pola cidadanía en materia lingüística.
Fonte: La Voz de Asturias
Constitúese formalmente a Rede de Normalización Lingüística do Principado de Asturias

A Rede de Normalización Lingüística do Principado quedou constituída formalmente tras a celebración da súa primeira reunión, á que asistiron representantes dos 21 municipios que contan con servizo lingüístico, así como da Universidade de Oviedo. O obxectivo deste novo organismo é reforzar a coordinación entre a Administración autonómica e os concellos para impulsar o uso do asturiano e do eonaviego.
Fonte: Centro Emisor de Occidente
A Biblioteca de Asturias recibe a colección dixitalizada do histórico semanario en lingua asturiana «Les Noticies»

A Dirección Xeral de Política Lingüística do Principado promoveu a dixitalización das máis de 20 000 páxinas da publicación Les Noticies que ao longo de 16 anos (1996-2012) se converteu nun referente para os autores en lingua asturiana do momento. Agora forma parte dos fondos virtuais da Biblioteca de Asturias a colección de 770 exemplares deste semanario.
Fonte: La Voz de Asturias
O Principado traballa nunha nova versión de Eslema.2, o tradutor automático gratuíto de asturiano

O tradutor automático gratuíto Eslema.2 está a ser obxecto de varias melloras técnicas para lograr que o asturiano consiga un desenvolvemento tecnolóxico semellante ás linguas da súa contorna. Esta versión incorporará unhas 1800 novas entradas e 350 unidades fraseolóxicas, correccións gramaticais, novas regras de tradución e a actualización da toponimia e a microtoponimia.
Fonte: Crónicas de la Emigración
O Goberno do Principado pon en marcha unha campaña para impulsar a matriculación en asturiano e galego-asturiano
Baixo o lema «Ye nosa, ye pa ti / É nosa, é pra ti», a Consellería de Cultura, Política Lingüística e Turismo iniciou unha campaña para animar o alumnado e as súas familias a matricularse en asturiano e galego-asturiano nas etapas educativas de primaria, ESO e bacharelato.
Fonte: Galicia Confidencial
Boletín
Subscríbase ao boletín