Asturias
A Academia da Lingua Asturiana escribe un comunicado para rexeitar o veto de Vox ás manifestacións culturais en asturiano
A Academia da Lingua Asturiana emitiu un comunicado en que rexeita a intención do partido político Vox de vetar as manifestacións culturais e artísticas en lingua asturiana e mostrouse contraria a calquera intento de minguar o uso social do idioma.
Fonte: Nortes
Duplícanse nos últimos anos as obras traducidas ao asturiano e ao galego de Asturias
Nos últimos catro anos, duplicáronse as obras traducidas ao asturiano e ao galego de Asturias. Do 2019 ao 2022 publicáronse un todal de 58 traducións fronte ás 31 dos catro anos anteriores.
Fonte: RTPA
Publícase o primeiro manual para facilitar o uso do asturiano na Administración pública
O Principado elaborou o Manual de llinguaxe alministrativu en llingua asturiana que ten como obxectivo dotar o persoal da Administración dunha ferramenta de normalización léxica e lingüística que inclúe documentos como requirimentos, resolucións, declaracións responsables, anuncios, bases reguladoras, certificacións, licenzas, actas etc.
Fonte: La Voz de Asturias
Bimenes acolle a celebración da Semana Cultural pola Oficialidade do Asturiano
A Semana Cultural pola Oficialidade do Asturiano chega á súa edición número 27 cun variado programa de actividades para todos os públicos.
Fonte: Asturies.com
O asturiano incrementa a súa presenza nos informativos da televisión pública
A RTPA anunciou a incorporación gradual do asturiano nos informativos e o primeiro paso vai ser un resumo nesta lingua coas novas máis importantes da xornada na segunda edición de 'TPA Noticias'.
Fonte: Asturies.com
Un total de 216 persoas inscríbese nos exames para acreditar o nivel de asturiano
As 216 persoas inscritas para realizar o exame que certifica un nivel intermedio B2 ou un nivel avanzado C1 de lingua asturiana comezarán as probas o 30 de setembro coa proba escrita.
Fonte: La Voz de Asturias
Denuncian que a nova sinalización da N-634 incumpre coa toponimia oficial asturiana
A Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana (XDLA) denunciou que a nova sinalización instalada na N-634 polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda incumpre coa toponimia oficial de Asturias.
Fonte: Asturias Mundial
O Principado de Asturias asina un convenio coa UOC para impulsar un motor de tradución neuronal en asturiano
O Principado de Asturias e a Fundación Universidade Oberta de Cataluña colaborarán no desenvolvemento do tradutor automático neural ao abeiro do proxecto TAN-IBE que traballa en sistemas de tradución automática neuronal entre as linguas románicas da península ibérica.
Fonte: La Voz de Asturias
Denuncian a precariedade do profesorado de asturiano
O sindicado SUATEA demanda melloras nas condicións de traballo do profesorado das materias de lingua asturiana e de galego-asturiano que, na maioría dos casos, traballa a media xornada.
Fonte: Nortes
Unha manifestación pola oficialidade do asturiano reúne centos de persoas en Oviedo
A Semana das Letras Asturianas conclúe cun movemento de reivindicación lingüística que reclama a reforma do Estatuto de Autonomía e a oficialidade do asturiano e do galego-asturiano para a próxima lexislatura.
Fonte: El Salto
Boletín
Subscríbase ao boletín