Asturias
Candás acollerá a segunda edición do Reguerada Fest, o festival da cultura en asturiano
O programa do Reguerada Fest, o festival para a promoción da cultura e o emprendemento en asturiano, inclúe máis de 30 actividades gratuítas, todas co asturiano como lingua vehicular.
Fonte: Nortes
Denuncian a falta de avances no uso do asturiano na web da Radiotelevisión do Principado de Asturias
A Radiotelevisión do Principado de Asturias (RTPA) renovou a imaxe da súa páxina web e das redes sociais, un troco que, porén, non implicou unha maior visibilidade do asturiano. Este feito levou a Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana a reclamar un cambio na dirección do ente.
Fonte: Asturies.com
Estréase unha nova colección dedicada ao ensino do galego-asturiano
A Academia da Lingua Asturiana publicou o manual de 1.º da ESO Segundas foyas co que estrea unha nova colección dedicada ao ensino do galego-asturiano.
Fonte: La Voz de Asturias
Un deputado de Sumar empregará a lingua asturiana no Congreso
O deputado de Sumar por Asturias, Rafa Cofiño, asegurou que o asturiano tamén se empregará no Congreso dos Deputados tras afirmar que se expresará nesta lingua nalgunha das súas intervencións.
Fonte: Europapress
A nova estrutura do Goberno de Asturias incorporará por vez primeira unha Subdirección Xeral de Política Lingüística
A Subdirección Xeral de Política Lingüística analizará e proporá medidas para o desenvolvemento da lexislación relativa á normalización do uso do asturiano e do galego-asturiano, así como criterios lingüísticos en materia de contratación, publicacións, subvencións etc., entre outras funcións.
Fonte: La Voz de Asturias
A Feira Internacional de Mostras de Asturias celebra o II Día da Lingua Asturiana
O 19 de agosto a Feira Internacional de Mostras de Asturias celebra o II Día da Lingua Asturiana, que inclúe un amplo programa de actividades cuxo obxectivo é a posta en valor deste idioma.
Fonte: La Voz de Asturias
O Premio de Poesía en Lingua Asturiana Fernán-Coronas xa ten gañador
O gañador do XXIX Premio de Poesía en Lingua Asturiana Fernán-Coronas é Pablo X. Suárez coa obra Entamos d’onomástica pola que recibirá 900 euros e a súa publicación.
Fonte: Asturies.com
Medra o número de empresas do Principado que utiliza o asturiano
O posto que ten na Feira Internacional de Mostras de Asturias (FIDMA) a entidade Iniciativa polo Asturiano evidencia o incremento do número de empresas de diferentes sectores que prestan os seus servizos e produtos en lingua asturiana.
Fonte: Asturies.com
O pleno do Concello de Xixón aproba unha moción a prol da música en asturiano
O pleno do Concello de Xixón aprobou a moción presentada dende a iniciativa «Música n’asturianu SÍ» impulsada por unha agrupación de músicos, empresas e asociacións vinculada á música asturiana.
Fonte: Nortes
Publican a novela gañadora en asturiano do premio Andrés Solar
Impronta Editorial publicou La guerra del medrosu, novela en asturiano de Gonzalo Barreñada, vencedora da segunda edición do premio Andrés Solar da Oficina de Normalización Lingüística do Concello de Xixón.
Fonte: La Nueva España
Boletín
Subscríbase ao boletín