Asturias

Publícanse cerca de 400 propostas terminolóxicas en asturiano sobre o mundo do cine

A Academia da Lingua Asturiana publica o traballo do produtor e director audiovisual Pablo Quiroga que recolle a terminoloxía do cine en asturiano nun exemplar xa dispoñible para consulta libre na páxina web de TermAst.

Fonte: La Voz de Asturias

Asturias

Publícase un estudo sobre o asturiano de Somiedo

A Academia da Lingua Asturiana publica El sistema temporal en asturianoleonés: el habla de Somiedu, unha obra do filólogo alemán Helmut Brammerts, de 1969, sobre o uso dos tempos verbais en asturiano a través dos estudos dialectais do momento.

Fonte: La Nueva España

Asturias

O Goberno do Principado edita o primeiro mapamundi en asturiano

O primeiro mapamundi en asturiano, cun formato de 70x100 centímetros, inclúe os nomes dos países e das súas capitais neste idioma, seguindo a nomenclatura establecida pola Academia da Lingua Asturiana.

Fonte: Gente

Asturias

A asociación Axuntar presenta un informe sobre a situación do galego en Asturias

Vegadeo acolleu a presentación do Informe lingüístico sobre la lengua del Eo-Navia. Sin fronteras: el gallego de Asturias no que se analizan aspectos como o territorio no que se fala galego no Principado, a percepción dos seus falantes, os prexuízos lingüísticos ao respecto...

Fonte: Galicia Press

Asturias

Menos do 3 % da poboación do Principado fala correctamente asturiano

Segundo os datos do INE, a poboación que fala correctamente asturiano non alcanza o 3 %, unha porcentaxe menor que a que afirma falar ben en inglés (13,5 %) ou en francés  (3,3 %).

Fonte: Cadena SER

Asturias

Preséntanse as principais actuacións do Goberno do Principado en materia de política lingüística para o ano 2023

Nunha comparecencia na Xunta Xeral presentáronse as principais actuacións en materia de política lingüística para 2023: actualización do tradutor castelán-asturiano Eslema.2, creación dun corrector ortográfico, impulso aos estudos de linguaxe administrativa en asturiano e en galego-asturiano, creación de novos servizos de normalización lingüística municipais, convocatoria de axudas para actividades en asturiano (para empresas e asociacións) etc.  

Fonte: La Nueva España

Asturias

Increméntase a partida destinada á lingua asturiana no proxecto de orzamentos para o ano 2023 do Principado

A partida para a promoción do asturiano ascende a 2 535 701 euros para o 2023, fronte aos 2 205 441 deste ano. Malia o incremento, segue a representar o 0,04 % do total do orzamento.

Fonte: La Voz de Asturias

Asturias

O Goberno do Principado organiza unha iniciativa para achegarlle o asturiano á mocidade

A xornada «Seronda Moza» celebrouse en Llanera e está dirixida a mozos e mozas dos 16 aos 35 anos. Trátase dunha iniciativa que ten como obxectivo achegarlle a lingua asturiana a este colectivo a través da cultura e o lecer.   

Fonte: AsturNews

Asturias

Reclaman o uso do asturiano e da toponimia oficial na Inspección Técnica de Vehículos de Asturias

Iniciativa pol Asturianu presentoulle un escrito á sociedade Inspección Técnica de Vehículos de Asturias S.A. para esixirlle o uso do asturiano e do galego-asturiano nos carteis e na información das distintas estacións do Principado.  

Fonte: La Nueva España

Asturias

O Goberno do Principado pon en marcha un encontro cultural sobre o eonaviego

Xuntoiro é un encontro cultural que inclúe propostas literarias, musicais e escénicas que ten como obxectivo mostrar a creatividade en eonaviego. Celebrarase na Veiga/Vegadeo entre os días 26 de novembro e 3 de decembro.

Fonte: Principado de Asturias

Asturias

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder