Asturias
O Goberno do Principado estuda a posibilidade de crear materiais en asturiano para as escolas de 0 a 3 anos
A conselleira de Educación mantivo unha reunión co presidente da Academia da Lingua Asturiana na que valoraron a posibilidade de crear materiais pedagóxicos relacionados coa lingua e a cultura asturianas destinados, principalmente, ao alumnado de 0 a 3 anos.
Fonte: Principado de Asturias
Convócase a primeira proba anual de coñecemento de asturiano
A Academia da Lingua Asturiana convocou para o 27 de xaneiro a primeira proba de coñecemento do nivel de asturiano, que inclúe unha parte oral e outra escrita.
Fonte: La Voz de Asturias
«Xentrificación» convértese en neoloxismo do ano 2023 en asturiano
A Academia da Lingua Asturiana incorporará ao seu dicionario a palabra «xentrificación», escollida como neoloxismo do ano nunha votación popular a través das redes sociais na que obtivo o 33 % dos apoios.
Fonte: InfoAsturies
Unha iniciativa busca a elección da mellor noticia do ano 2023 para a lingua asturiana
Iniciativa pol Asturianu organiza a votación popular en internet para escoller a mellor noticia para o asturiano de 2023, unha consulta que permanecerá aberta ata o 9 de xaneiro.
Fonte: La Voz de Asturias
Ponse en marcha unha votación para escoller o neoloxismo do ano en asturiano
As palabras propostas pola Academia da Lingua Asturiana para converterse en neoloxismo do ano en asturiano son cambéu climáticu, intelixencia artificial, xentrificación, llimpieza étnica e xeollocalización.
Fonte: La Voz de Asturias
O Instituto Cervantes aposta por ensinar lingua asturiana nos seus centros de todo o mundo

O director do Instituto Cervantes mostrouse partidario de ofertar cursos de lingua asturiana nos centros que a institución ten distribuídos por todo o mundo, posto que unha das súas obrigas é a difusión das linguas do Estado español.
Fonte: El Comercio
O Goberno do Principado convoca axudas para a normalización do asturiano nas empresas
A convocatoria de dúas novas liñas de subvencións, cunha dotación de 120 000 euros, destinarase a apoiar iniciativas de normalización do asturiano ou o eonaviego impulsadas por empresas ou por asociacións e fundacións.
Fonte: La Nueva España
Os novos orzamentos do Principado recollen unha liña de axudas á produción audiovisual en asturiano
A Dirección Xeral de Acción Cultural e Normalización Lingüística conta cun orzamento de 14 340 276 euros, dos que 100 000 se destinarán, como novidade, á produción audiovisual ou a un novo premio de guión en asturiano ou galego-asturiano.
Fonte: Asturies.com
O novo número de Astérix poderá lerse en asturiano
L’iris blanc é o título do novo volume de Astérix que sae á venda en todo o mundo en vinte linguas, entre elas o asturiano baixo o título El lliriu blancu.
Fonte: Asturies.com
A Academia da Lingua Asturiana organiza unhas xornadas arredor do asturiano
As XLI Xornadas Internacionais de Estudo, que se celebrarán do 7 ao 9 de novembro, van contar cun programa que inclúe conferencias, presentacións e comunicacións sobre a lingua e a cultura asturianas.
Fonte: Astur News
Boletín
Subscríbase ao boletín