Asturias
O Concello de Xixón prepara un plan que aproveita a intelixencia artificial para promover o uso do asturiano

O Concello de Xixón planea un novo proxecto que integra a intelixencia artificial (IA) para promover o uso do asturiano. O plan inclúe a creación dunha guía sobre o uso da IA no contexto asturiano, colaboracións con empresas tecnolóxicas para aumentar a presenza do idioma nos seus servizos, campañas en redes sociais e o apoio a iniciativas culturais e educativas en asturiano. Con estas accións, Xixón busca situarse como referente na preservación e normalización da lingua.
Fonte: El Blog
O Concello de Xixón non inclúe o asturiano na súa aplicación móbil
A asociación Iniciativa pol Asturianu critica que o Concello de Xixón non incluíse a opción de lingua asturiana na súa aplicación móbil de información cidadá.
Fonte: Mi Gijón
Cineastas asturianos unen as súas voces para pedir a oficialización do asturiano e o eonaviego
Un total de 35 cineastas asinaron un manifesto para demandar unha reforma do Estatuto de Autonomía de Asturias e permitir que o asturiano e o eonaviego sexan considerados idiomas oficiais.
Fonte: El Diario
O presidente de Asturias avoga por recoñecer as linguas propias asturianas

Nun acto conmemorativo do aniversario da Festa da Oficialidade, o presidente de Asturias, Adrián Barbón, instou a protexer as linguas propias, o asturiano e o eonaviego para evitar a súa desaparición.
Fonte: Principado de Asturias
Preséntase en Oviedo a primeira edición da Biblia en asturiano
A primeira edición da Biblia en asturiano conta cunha edición de 6000 exemplares, despois de 30 anos de traballo neste proxecto, coa participación de expertos lingüistas.
Fonte: RTPA
A Academia da Lingua Asturiana prepara un informe sobre a oficialidade das linguas propias do Principado
O informe A lingua asturiana nunha perspectiva de oficialidad entregóuselles aos grupos parlamentarios e nel proponse o desenvolvemento da oficialidade ao longo de oito anos.
Fonte: Galicia Confidencial
O presidente do Principado convocará os grupos parlamentarios para impulsar a oficialidade das linguas propias da comunidade
O presidente do Principado anunciou que convocará unha reunión cos grupos parlamentarios e representantes da Academia da Lingua Asturiana na segunda quincena de maio para negociar a modificación do artigo 4 do Estatuto de Autonomía e impulsar a oficialidade do asturiano e o eonaviego.
Fonte: Principado de Asturias
Preséntase o Nomenclátor Xeográfico da Toponimia Oficial de Asturias
O Nomenclátor Xeográfico da Toponimia Oficial de Asturias inclúe 16 641 localizacións. Dos 78 municipios asturianos, 63 contan coa relación de topónimos.
Fonte: RTPA
O Goberno do Principado aproba as primeiras instrucións cos criterios de uso das linguas faladas en Asturias
Estas instrucións establecen os criterios de uso do asturiano e o eonaviego na Administración autonómica e teñen como obxectivo difundir a pluralidade lingüística do Principado e garantir los dereitos lingüísticos da cidadanía, así como fomentar o uso das linguas propias.
Fonte: Principado de Asturias
O Goberno do Principado traballa co Instituto Cervantes para impartir cursos de asturiano nos seus centros
O Goberno asturiano confirmou que están a traballar co Instituto Cervantes para ofertar cursos de lingua asturiana nalgúns dos seus centros internacionais.
Fonte: La Voz de Asturias
Boletín
Subscríbase ao boletín