Asturias
«Intelixencia artificial» convértese no neoloxismo do ano 2024 en asturiano

«Intelixencia artificial» foi elixido como neoloxismo do ano en asturiano co 3 5% dos votos fronte a outras candidatas como «troliar» ou «refuxu climáticu». A elección, promovida pola comisión lexicográfica de ALLA, inclúe termos de actualidade social, que serán incorporados á próxima edición do dicionario asturiano.
Fonte: MSN
Denuncian que o asturiano conta menos nos baremos de oposicións de secundaria que outras linguas cooficiais
A Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana (XDLA) denunciou que no borrador da baremación das oposicións de reposición en Educación Secundaria, organizadas polo Goberno do Principado para o ano que vén, o coñecemento de linguas como catalán ou o éuscaro puntúa máis que o do asturiano.
Fonte: TelePrensa
O Goberno do Principado incrementará o orzamento dos servizos de normalización lingüística municipais
A Consellería de Cultura, Política Lingüística e Deporte de Asturias incrementará un 5% o financiamento dos servizos de normalización lingüística en 2025, reforzando o seu papel como dinamizadores do asturiano nos concellos.
Fonte: La Voz de Asturias
Un total de 16 comunicacións conforman o programa das xornadas organizadas pola Academia da Lingua Asturiana
A Academia da Lingua Asturiana celebra a 42ª edición das Xornadas Internacionais de Estudo en Oviedo, con actividades como conferencias de especialistas en lingüística e cultura, ademais de comunicacións e presentacións sobre temas como toponimia e sociolingüística.
Fonte: La Voz de Asturias
A asociación Axuntar presentará un informe sobre o galego de Asturias no acto de entrega dos Premios Folgueira

Os Premios Folgueira que entrega a asociación Axuntar, recoñecen publicamente as iniciativas, persoas ou institucións que traballan a prol da dignificación do galego. Durante o acto de entrega dos galardóns deste ano, que se celebrará en Castropol, presentarase o III Informe sobre a lingua del Eo-Navia.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O premio de poesía e relatos curtos Aurelio González Ovies permitirá a presentación de obras en asturiano
O premio de poesía e relatos curtos Aurelio González Ovies permitirá, tras a petición de Iniciativa pol Asturianu, a presentación de obras en asturiano, despois de que as bases iniciais non incluísen esta posibilidade. Esta organización solicitou a ampliación das bases, argumentando que isto facilitaría a participación dos autores e enriquecería a cultura asturiana.
Fonte: La Voz de Asturias
O Goberno do Principado convoca uns premios de lingua asturiana e eonaviego
A Consellería de Educación do Principado convocou a primeira edición dos premios extraordinarios ao coñecemento da lingua asturiana e do eonaviego, dirixidos a estudantes de 3º e 4º de Secundaria e de 1º e 2º de Bacharelato. Haberá un premio por cada etapa e lingua, cunha dotación de 800 euros, ademais dun accésit de 400 euros para lingua asturiana. As probas incluirán comprensión e produción de textos orais e escritos, e a fase final terá lugar o 26 de novembro. A inscrición estará aberta ata o 25 de outubro.
Fonte: Principado de Asturias
O Goberno do Principado convoca o primeiro Premio de Guión Cinematográfico en asturiano e eonaviego

A Consellería de Cultura, Política Lingüística e Deporte de Asturias convocou a primeira edición do premio de Guión Cinematográfico en lingua asturiana e eonaviego, cunha dotación de 6000 euros. O obxectivo é apoiar a creación audiovisual nestas linguas e fomentar o repertorio de producións en Asturias. As candidaturas, que deben ser obras orixinais e inéditas, poderán presentarse ata o 29 de outubro. O xurado valorará a contribución cultural, a calidade artística e a adecuación lingüística das propostas.
Fonte: Laboral Cinemateca
A Academia da Lingua Asturiana organiza unha olimpíada escolar de redacción
A Academia de la Lingua Asturiana abriu o prazo de inscrición para a olimpíada escolar de redacción «Urbano Rodríguez», dirixida a estudantes de asturiano e eonaviego de primaria, secundaria e bacharelato. A competición terá unha primeira fase en liña o 15 de novembro, mentres que a fase final, presencial, se celebrará o 18 de decembro.
Fonte: La Voz de Asturias
Avilés acolle un ciclo de obradoiros en asturiano dirixido a menores de entre 4 e 8 anos
A Estaya de la Llingua de Avilés organiza o ciclo de obradoiros "Pa que nun t'aburras", dirixido a nenos e nenas de 4 a 8 anos para promover a creatividade e a cultura asturiana. Impartidos pola educadora Rosa Cuervo, realizaranse entre outubro e decembro, con temas como a arte, a gastronomía e as tradicións do Nadal.
Fonte: Asturias Mundial
Boletín
Subscríbase ao boletín