Cataluña

Unha web de aprendizaxe de lingua catalá impulsada pola Generalitat de Cataluña supera os 200 000 usuarios rexistrados

Máis de 200 000 alumnos estudan catalán a través do espazo virtual Parla.com impulsado pola Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura da Generalitat.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Convócase o Premio Carme Serrallonga para fomentar o estudo da paisaxe lingüística nos territorios de fala catalá

A Universidade de Barcelona convoca o Premio Carme Serrallonga Paisatges Lingüístics que ten como finalidade impulsar o estudo da paisaxe lingüística nos territorios de fala catalá.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Xa está dispoñible Twitter en catalán para móbiles iOS e pronto chegará aos Android

Desde a Generalitat aseguran que a presenza do catalán en Twitter é un grande avance para o idioma en canto á presenza nesta rede social.

Fonte: El Periódico

Cataluña

Preséntase un manifesto que reclama o catalán como única lingua oficial de Cataluña

Os impulsores deste manifesto queren concienciar a poboación sobre a situación do catalán e o seu papel vertebrador e sobre os riscos do bilingüismo.

Fonte: El País

Cataluña

O servizo de tradución automática en liña Llengua Catalana traduce en 2015 máis de 12 millóns de palabras do occitano

Segundo a Generalitat de Cataluña, no ano 2015 foron atendidas máis de 220 000 solicitudes de tradución.

Fonte: Informativos Telecinco

Cataluña

O servizo de consultas lingüísticas Optimot organiza un concurso en Twitter co gallo da celebración do San Jordi

Este concurso ten como obxectivo que as persoas usuarias unan creatividade e lingua catalán nun tuit para contar unha historia relacionada co día de San Jordi.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A Generalitat de Cataluña subvenciona proxectos de entidades que fomenten o uso do catalán

O Departamento de Cultura acaba de abrir o prazo para que as entidades soliciten axudas para proxectos que impulsen a utilización do catalán.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Supremo anula unha orde da Generalitat que obrigaba os vixilantes de seguridade privada a identificarse en catalán

A orde da Generalitat obrigaba os vixilantes de seguridade privada a levar a súa placa identificativa só en catalán. O Tribunal Supremo confirma así a nulidade que xa establecera unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

As empresas que incorporan o catalán no ámbito tecnolóxico xa poden solicitar as axudas convocadas pola Generalitat

As subvencións están destinadas ás empresas que incorporen o catalán aos seus produtos e servizos tecnolóxicos, así como ás que traducen obras non literarias a esta lingua.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Goberno de Cataluña impulsa a realización dun estudo sobre o uso do catalán no departamento francés de Pireneos Orientais

O Goberno de Cataluña subscribiu un convenio co Consello Departamental dos Pireneos Orientais e a Universidade de Perpiñán para desenvolver un estudo sobre o uso social do catalán na Cataluña Norte.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder