Cataluña
Un novo acordo busca aumentar o número de películas subtituladas ao catalán que se exhiben nos cines
A Generalitat de Cataluña asinou un acordo cos Cines Texas de Barcelona para aumentar o número de películas que se exhiben en versión orixinal con subtítulos en catalán. Con este acordo, o Goberno catalán busca aumentar o consumo de produtos en catalán.
Fonte: Generalitat de Cataluña
O uso e a comprensión do catalán reducíronse nos últimos anos
A lingua catalá viu reducido o seu uso en Cataluña nun 1,2 % e o seu entendemento nun 2,2 %, segunda datos do período 2003-2013. Tal e como se informou na III Xornada sobre lingua e sociedade nos territorios de fala catalá, a principal causa deste descenso parece ser a migración ocorrida neste mesmo período.
Fonte: La Vanguardia
O Goberno de Cataluña pon en marcha actividades para fomentar a aprendizaxe do catalán entre a comunidade catalá do exterior
Son moitas as actividades que se veñen realizando nos últimos anos para fomentar a aprendizaxe do catalán na comunidade catalá do exterior, especialmente entre os máis pequenos.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Unha nova campaña pretende impulsar o uso do catalán nos mercados ambulantes de Cataluña
Baixo o lema "Al mercat en català", esta campaña proporcionaralles aos vendedores ambulantes de Cataluña vocabularios en catalán sobre a venda ambulante.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O rexistro de entidades de fomento da lingua catalá aumenta un 20 %
A Consellería catalá de Cultura informou de que o rexistro deste tipo de entidades medrou con respecto ao ano 2014 ata chegar ás 171.
Fonte: El Día
WordReference.com amplía a súa oferta de ferramentas lingüísticas en liña coa incorporación do catalán
As xestións da Dirección Xeral de Política Lingüística de Cataluña permitiron que o portal de dicionarios en liña WordReference.com incorporase recentemente un dicionario de definicións en lingua catalá.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Preséntanse os resultados sobre a situación do catalán do Informe de Política Lingüística 2014
Este novo informe revela, entre outros datos, que o 60 % das persoas nacidas en Cataluña cun dos dous proxenitores tamén nativo usa o catalán cos seus fillos.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O TERMCAT asina dous convenios de colaboración que potenciarán a presenza do catalán no ámbito terminolóxico
O TERMCAT asinou un convenio para enriquecer a versión catalá da base de datos IATE do Parlamento Europeo e outro con Aenor para desenvolver as versións catalás das normas UNE.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Casio crea a primeira calculadora que incorpora a posibilidade de escoller o idioma catalán
Casio presentoulle á conselleira catalá de Educación unha nova calculadora científica que posibilita escoller o idioma catalán, castelán ou portugués nos menús e as funcións deste dispositivo.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Segundo o último barómetro do WICCAC, aumenta o uso do catalán en internet
O uso do catalán nos territorios que falan esta lingua é do 63,93 %, 0,02 puntos porcentuais máis que no mes anterior.
Fonte: Racó Català
Boletín
Subscríbase ao boletín