Cataluña
O Instituto de Estudos Cataláns presenta a nova “Ortografía da lingua catalá”
Esta nova proposta de ortografía do catalán ten como principais cambios a redución das palabras con acento diacrítico e a perda do acento dos compostos e derivados destes.
Fonte: El País
A iniciativa Comerçlocal.cat impulsará a creación de webs en catalán entre os comerciantes locais
Esta iniciativa ten como obxectivo principal promover webs en catalán no comercio local, para o que se creará unha páxina web de balde para os comerciantes que adquiran un dominio .cat.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña amoesta unha xuíza por non respectar o dereito a empregar o catalán nun xuízo
A amoestación ten a súa orixe na actitude da xuíza ante dúas avogadas que empregaban o catalán nun xuízo de faltas.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Presentan unha ferramenta web cun centenar de ditados para aprender e practicar lingua catalá
A Dirección Xeral de Política Lingüística de Cataluña presentou esta ferramenta de ditados que permitirá practicar o catalán mediante escoita, escrita e as propias correccións do programa.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Goberno de Cataluña e Catalunya Film Festivals renovan o acordo para fomentar os subtítulos do cine en catalán
Este acordo contará cunha dotación de 115 000 euros e poderá subtitular máis de 600 películas e curtametraxes. O acordo está activo dende o 2008 e permitiu subtitular 1130 películas e 3537 curtametraxes.
Fonte: La Información
A Generalitat de Catalunya organiza un ciclo de cine infantil en catalán que chegará a máis de 50 localidades
CINC, o programa de cinema infantil en catalán, levará a 51 municipios de Cataluña e 2 da Franxa de Aragón un total de 36 películas dobradas nesta lingua.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Goberno catalán analizará a situación da lingua catalá no arquipélago balear
A Generalitat subscribirá un convenio co Goberno balear e a Universidade das Illas Baleares para colaborar na realización dunha enquisa sobre coñecementos e usos lingüísticos da poboación do arquipélago.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Instituto Ramon Llul e o FC Barcelona colaborarán na proxección exterior do catalán
Ambas as entidades renovaron o acordo de colaboración que ten como obxectivo o desenvolvemento de actividades conxuntas destinadas á proxección exterior da lingua e da cultura catalás.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Convócase a cuarta edición do premio FilCat.UB co que se busca fomentar a investigación sobre a lingua e a literatura catalás
A Universidade de Barcelona convoca a cuarta edición deste premio que ten entre os seus obxectivos impulsar os traballos de investigación de bacharelato sobre temas relacionados coa lingua e a literatura catalás.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Termcat publica un novo dicionario en liña dedicado á química orgánica e inorgánica
Este dicionario en liña publicado polo Termcat inclúe máis de 800 termos dos campos da química orgánica e inorgánica. Cada entrada contén as denominacións catalás do termo acompañadas da súa categoría léxica e os seus equivalentes en inglés e castelán.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Boletín
Subscríbase ao boletín