Cataluña
Preséntase o proxecto Kastanya.cat para fomentar o catalán e o occitano a través da música
Co proxecto Kastanya.cat preténdese impulsar os grupos que cantan en lingua catalá e occitana para fomentar o seu uso.
Fonte: La Vanguardia
Segundo unha enquisa, arredor de sete de cada dez cataláns queren que catalán e castelán sexan cooficiais
Unha enquisa encargada por El Periódico revela que o 72,7% da poboación catalá considera que o catalán e o castelán deberían ser linguas oficiais nunha Cataluña independente.
Fonte: El Periódico
O novo plan de goberno da Generalitat de Cataluña inclúe 17 medidas de fomento do catalán e do occitano
O Plan de Goberno para a XI Lexislatura contén 17 medidas relacionadas co ensino, a consolidación, a internacionalización e a promoción das linguas catalá e occitana.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Goberno de Cataluña pon en marcha novas medidas para impulsar o uso do catalán na xustiza
No marco da campaña “En català, també és de llei” (En catalán, tamén é de lei), a Generalitat está a poñer en marcha novas accións para fomentar esta lingua no ámbito da xustiza.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Preséntase o proxecto VOC, unha iniciativa que busca fomentar a produción audiovisual en lingua catalá
O proxecto VOC (Versión Orixinal en Catalán) ten como finalidade impulsar a produción audiovisual en catalán a través da concesión de premios a curtametraxes, micrometraxes e webseries.
Fonte: La Vanguardia
Máis de 10 000 parellas lingüísticas formáronse en Cataluña durante 2015 no marco do Voluntariado pola Lingua
Desde a súa posta en marcha no ano 2003, o programa Voluntariado pola Lingua da Generalitat de Cataluña alcanzou as 100 000 parellas lingüísticas.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Comeza a emisión da primeira webserie en lingua de signos catalá
Peixos é a primeira serie en lingua de signos catalá e conta xa con cinco capítulos de 10 minutos de duración cada un na súa canle de Youtube.
Fonte: El Periódico
Preséntanse os datos do estudo Ofercat sobre os usos lingüísticos nos establecementos comerciais de Tarragona
O estudo Ofercat 2015 analiza nuns 400 comercios tarraconenses principalmente a rotulación e a lingua de atención á clientela.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A empresa Natrus recibe o Recoñecemento á Calidade Lingüística Empresarial polo seu fomento do uso do catalán
A empresa de alimentación e bebidas Natrus recibiu este recoñecemento, no marco do Premi Jove Empresari, pola súa promoción do uso do catalán como unha ferramenta de mellora cualitativa.
Fonte: Generalitat de Catalunya
As reclamacións sobre o deficiente uso do catalán recibidas pola Administración pública aumentaron o dobre no último ano
As queixas pasaron de 55 en 2014 a un total de 120 en 2015. A maior parte destas reclamacións produciuse pola ausencia da lingua catalá nalgún ámbito do sector público ou privado. O principal motivo foi a falta de atención escrita ou oral en catalán.
Fonte: La Vanguardia
Boletín
Subscríbase ao boletín