Cataluña

A Dirección Xeral de Política Lingüística de Cataluña colabora na organización de actividades de fomento do catalán e o occitano

A Dirección Xeral de Política Lingüística organiza, entre outras actividades, cursos de catalán e de occitano, no marco da 47ª edición da Universidade Catalá de Verán (UCE) que se celebra do 16 ao 23 de agosto.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Movistar+ retransmitirá os partidos do FC Barcelona en catalán

A Xunta Directiva do Barça solicitoulle a Telefónica que ofrecese a retransmisión en catalán dos partidos do equipo, unha opción que ata o momento ofrecía Canal+.

Fonte: El Confidencial Digital

Cataluña

A rede social Twitter busca tradutores voluntarios para a versión en catalán da súa interface para Android

Preténdese traducir de inglés a catalán a interface para Android de Twitter para o que se buscan tradutores voluntarios que deben cumprir certos requisitos.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A Confederación do Comercio de Cataluña convoca un premio á mellor iniciativa lingüística no sector comercial

Trátase da décimo segunda edición deste premio, que conta co apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística, que establece dúas categorías: entidades e establecementos.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

Poboación inmigrante e empresas serán os principais destinatarios dos máis de 3500 cursos de catalán ofertados pola Generalitat

A través do Consorcio para a Normalización Lingüística (CPNL), durante o curso 2015-2016 ofreceranse en toda Cataluña máis de 3500 cursos. A poboación inmigrante e as empresas serán dous colectivos aos que se lles prestará unha maior atención.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Unha nova liña de axudas subvencionará as traducións ao catalán de obras non literarias

O Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña lanza esta nova liña de axudas coa que se busca fomentar a tradución ao catalán de obras non literarias.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A transcrición de voz a texto de Google Drive está dispoñible en catalán

A nova funcionalidade de Google Drive, dispoñible en catalán, permite a trascrición de voz a texto de xeito doado e cómodo.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Diario Oficial da Generalitat de Cataluña publica 250 novos termos cataláns

Estes cerca de 250 novos termos pertencen, entre outros, aos ámbitos da agricultura, a alimentación, a botánica, o circo, a economía, o deporte, a industria, a música ou os transportes.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A Generalitat de Cataluña pon en marcha un plan de acollida lingüística para os refuxiados sirios

A Dirección Xeral de Política Lingüística está a elaborar un plan acollida lingüística destinado aos refuxiados de orixe siria que cheguen a Cataluña.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Oito organizacións culturais presentan un manifesto para defender o uso do catalán no Concello de Lleida

Son un total de oito as entidades ilerdenses que presentaron este manifesto para defender o uso do catalán no Concello. Nel solicítanlles aos grupos políticos municipais que non fagan un uso partidista da lingua e que se comprometan coa normalización lingüística.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder