Cataluña
O filólogo alemán Tilbert Stegmann publica un libro de ensaios sobre literatura catalá
No libro titulado El plaer de llegir literatura catalana o filólogo alemán recompila varios ensaios nos que intenta descubrir como os narradores ou poetas conseguen a atención dos lectores.
Fonte: La Vanguardia
Estudantes de todo o mundo acoden a Barcelona para aprender catalán nun curso do Instituto Ramon Llull
Un total de 24 estudantes procedentes de once países diferentes están en Barcelona para aprender catalán nun curso organizado polo Instituto Ramon Llull e a Universidade de Barcelona.
Fonte: El Punt Avui
O Goberno catalán inviste máis dun millón de euros en axudas para o ensino do catalán no estranxeiro
O Goberno de Cataluña investirá 1 031 725 de euros en axudas destinadas ao ensino da lingua catalá en universidades estranxeiras durante o curso 2016-2017. O Instituto Ramon Llull será o encargado da xestión deste orzamento.
Fonte: La Vanguardia
O Goberno catalán fomentará o ensino da lingua catalá aos refuxiados que cheguen á comunidade
O Goberno de Cataluña impartirá clases de catalán aos refuxiados que cheguen á comunidade co obxectivo de que coñezan a lingua e a cultura catalás, para favorecer a adaptación á nova sociedade na que terán que convivir.
Fonte: La Vanguardia
Celébrase en Barcelona unha nova edición da Semana do Libro en Catalán
A 34a edición da Semana do Libro en Catalán celebrarase en Barcelona, onde reunirá un total de 150 expositores.
Fonte: La Vanguardia
O 63 % das persoas que se presentan ás probas de catalán da Generalitat de Cataluña obtén o certificado correspondente
Das 3107 persoas que se presentaron ás probas oficiais de lingua catalá da Dirección Xeral de Política Lingüística aprobáronas un total de 1984.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Chega aos centros médicos privados de Cataluña unha nova edición da campaña de fomento da lectura de revistas en catalán
Ponse en marcha a segunda edición do proxecto “T’agradarà llegir en català” que fará chegar arredor de 9000 revistas en catalán a 300 centros médicos privados de Cataluña para que estean a disposición dos usuarios nas salas de espera.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Preséntase o Plan de fomento da aprendizaxe da lingua catalá no exterior
A Dirección Xeral de Política Lingüística presentou este plan de fomento do catalán no marco da reunión do Consello das Comunidades Catalás do Exterior.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A audiencia da televisión en catalán alcanza o 18,9 % dos telespectadores
Os datos publicados polo Consello Audiovisual de Cataluña destacan que un 18,9 % dos telespectadores escolleu canles en catalán, con TV3 como televisión máis vista cun 11,4 %.
Fonte: El Nacional
Segundo unha enquisa, o 80 % da poboación catalá quere máis ensino de catalán para persoas inmigrantes
Esta enquisa sinala que oito de cada dez cataláns está de “acordo ou moi de acordo” en que se dedique maior esforzo ao ensino de lingua catalá ás persoas inmigradas.
Fonte: La Vanguardia
Boletín
Subscríbase ao boletín