Cataluña
Máis de 3000 persoas examináronse para obter un certificado oficial de catalán no último mes
Un total de 3108 persoas presentáronse aos exames para obter un certificado oficial de catalán en maio e xuño. Os certificados C1 e C2 abranguen case o 80 % dos examinados.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A cuarta Estancia lingüística en Barcelona acollerá 25 estudantes de catalán de todo o mundo
A cuarta Estancia lingüística organizada polo Institut Ramon Llull acollerá un total de 25 estudantes de catalán de todo o mundo. Estes estudantes terán a oportunidade de perfeccionar o idioma estando en contacto coa sociedade catalá durante 15 días.
Fonte: El Economista
Un total de 46 proxectos empresariais que incorporan o catalán contarán co apoio do Departamento de Cultura de Cataluña
O Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña decidiu ofrecer apoio a 46 proxectos empresariais que incorporan o catalán. Entre os proxectos apoiados hai 26 de produtos e servizos tecnolóxicos e 26 de tradución de obras non literarias.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Departamento de Cultura de Cataluña apoia 74 proxectos de entidades e fundacións que fomentan o emprego do catalán
A Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña subvenciona un total de 74 proxectos procedentes de 67 entidades e fundacións sen ánimo de lucro de Cataluña. Os proxectos promoverán o emprego do catalán en diversos ámbitos.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Consorcio para a Normalización Lingüística de Cataluña aproba a Memoria 2015 e o Plan de actuacións de 2016
O Pleno do Consorcio para a Normalización Lingüística de Cataluña presentou a Memoria 2015 e o Plan de actuacións de 2016. Este último documento inclúe os principiais obxectivos para a normalización lingüística en 2016 entre os que se salienta a organización de 3 300 cursos presenciais e 3 600 cursos específicos.
O catalán será lingua oficial dos Xogos Mediterráneos xunto co castelán, o inglés e o francés
O Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña e a Fundación Tarragona 2017 chegaron a un acordo para confirmar o catalán como lingua oficial dos Xogos Mediterráneos.
Fonte: El Mundo
Preséntanse os datos do estudo Ofercat 2015 sobre o emprego do catalán nos comercios de Lleida
A Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña presenta os resultados do estudo Ofercat 2015 sobre o emprego do catalán nos comercios de Lleida.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Confederación do Comercio de Cataluña convoca un premio á mellor iniciativa lingüística neste sector
O Premio CCC á mellor iniciativa lingüística do sector comercial ten como obxectivo impulsar o uso do catalán no comercio, os servizos e o turismo.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O número de entidades que fomentan a lingua catalá crece un 14 % en 2016
O Censo de entidades de fomento da lingua catalá incorporou 26 entidades novas respecto ao 2015. Este censo agrupa máis de 700 000 socios de diferentes ámbitos de actuación.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Cúmprese unha década da oficialidade da lingua occitana en Cataluña
O vixésimo noveno encontro occitano-catalán celebrado no Port de Salau tivo como tema principal o aniversario dunha década da oficialidade da lingua occitana en Cataluña.
Fonte: El Nacional
Boletín
Subscríbase ao boletín