Cataluña

Segundo un informe da Generalitat, o catalán é a lingua de uso maioritario na Administración tanto en Cataluña como en Andorra

Segundo o Informe de política lingüística 2015, que analiza o emprego do catalán na Administración nas zonas do dominio lingüístico, en Andorra este uso chega ao 86,2 %, mentres que en Cataluña alcanza o 50,5 %. No resto dos territorios a súa utilización é inferior.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Organizan unha xornada para analizar o descenso do uso do catalán na xustiza

Esta xornada, organizada pola Avogacía Catalá e o Colexio de Avogados de Sant Feliu, ten como obxectivos analizar as causas do descenso na utilización do catalán no ámbito da xustiza, así como buscar solucións a este feito.

Fonte: Abogacía

Cataluña

Inician unha campaña de recollida de firmas para que Playmobil e Fifa 2017 utilicen o catalán

A Plataforma per la Llengua iniciou este movemento co obxectivo de que ofrezan os devanditos produtos en lingua catalá. A campaña xa obtivo 25 000 sinaturas.

Fonte: El Confidencial Digital

Cataluña

Publican unha nova colección de audiolibros en lingua catalá

Máis de 80 librerías dos territorios de fala catalá porán á venda a nova colección de audiolibros en catalán, Seebook.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Un premio recoñece os proxectos de investigación no ámbito da onomástica en Cataluña

O I Premio Ramon Amigó i Anglès recaeu en Sílvia Veà Vila, doutora en Filoloxía Catalá pola Universidade Rovira i Virgili.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Convócanse os Premios Llanterna Digital de curtametraxes en catalán e occitano

A Generalitat de Cataluña convocou estes premios que teñen como finalidade impulsar a produción de curtametraxes en linguas catalá e occitana.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Comeza a aplicarse na Generalitat a nova normativa lingüística do catalán

A nova normativa lingüística, establecida polo Instituto de Estudos Cataláns, xa comezou a aplicarse na Administración da Generalitat de Cataluña.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Entrégase o Premio Robèrt Lafont que recoñece o labor de fomento da lingua occitana

A Fundación Museo Etnolóxico do Val de Arán recibiu este galardón que ten como obxectivo premiar persoas e organizacións que traballan na defensa, proxección e promoción do occitano.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A Generalitat de Cataluña aproba un acordo para aumentar o emprego do catalán na xustiza

O departamento de Xustiza e o Consello da Avogacía Catalá asinaron un acordo para que os profesionais da quenda de oficio utilicen o catalán nos seus escritos.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Convocan un premio para recoñecer a promoción da diversidade lingüística

A organización non gobernamental Linguapax convocou o Premio Internacional Linguapax 2017 para recoñecer o labor de académicos e membros da sociedade civil que traballen na promoción da diversidade lingüística.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder