Cataluña
Tres candidaturas optan á obtención do Premio Martí Gasull i Roig á defensa e promoción da lingua catalá
Un ano máis a Plataforma pola Lingua convocou o Premio Martí Gasull i Roig á defensa e promoción do catalán, ao que optan tres finalistas: La Bressola, a comunidade Sij de Cataluña e a asociación Softcatalà.
Fonte: El Nacional
A política lingüística é a quinta acción máis valorada do Goberno catalán pola cidadanía
Segundo unha enquisa, arredor de sete de cada dez persoas aproban a política lingüística que se leva a cabo en Cataluña, cunha puntuación de 5 ou máis puntos, mellorando así a cualificación do ano anterior.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Presentan unha iniciativa para impulsar a práctica do catalán nos traxectos do tren
A Plataforma pola Lingua e Ferrocarrís da Generalitat de Catalunya puxeron en marcha "El tren de la llengua", unha iniciativa que ten como obxectivo crear parellas lingüísticas nos trens para practicar ol catalán durante os traxectos.
Fonte: El Nacional
Ponse en marcha unha nova campaña para impulsar o emprego de termos de empresa en catalán
“Per comunicar, clar i català” é unha campaña de divulgación da terminoloxía en catalán relacionada co ámbito empresarial que ten como finalidade dar a coñecer estes termos e concienciar sobre a importancia de non adoptar anglicismos innecesarios.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Preséntase en Reus unha campaña para impulsar a presenza en internet dos comercios mediante unha web propia en catalán
O programa Comerçlocal.cat chega a Reus para aumentar a presenza do catalán na rede coa creación de webs en catalán para os establecementos comerciais.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Publícanse na rede unha serie de criterios para a denominación en catalán de variedades vitivinícolas
Estes criterios, publicados polo Termcat, ofrecen unha serie de pautas acerca do xénero gramatical, a utilización de maiúsculas e minúsculas, a sinonimia etc.
Fonte: Termcat
Unha campaña anima a facer ‘memes’ en catalán
Con esta iniciativa preténdese fomentar a lingua catalá a través da participación no reto do ‘meme’ na lingua materna promovido por Rising Voices.
Fonte: La Vanguardia
Entréganse os premios Martí Gasull i Roig de recoñecemento á defensa da lingua catalá
A Plataforma pola Lingua outorgou Premio Martí Gasull i Roig á Comunidade Sikh de Cataluña pola súa defensa do catalán. Tamén se recoñeceu o labor do lingüista Albert Jané quen recibiu o Premio Especial do Xurado pola súa traxectoria.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Preséntase un buscador de apps en catalán
Cercaapps é o nome deste buscador de aplicacións en catalán para dispositivos móbiles que na actualidade inclúe arredor de 200, un número que se irá ampliando progresivamente.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Comeza en Cataluña unha campaña para promover o Voluntariado pola Lingua
A Generalitat e o Consorcio pola Normalización Lingüística puxeron en marcha unha actividade de difusión do Voluntariado pola Lingua (VXL) para promover este programa e dar a coñecer a súa modalidade virtual.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Boletín
Subscríbase ao boletín