Cataluña
Créase un censo de entidades para impulsar a lingua occitana
A Dirección Xeral de Política Lingüística de Cataluña elaborou o Censo de entidades de fomento da lingua occitana, que ten o propósito de dar visibilidade ao labor das entidades que impulsan este idioma.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Edítase un mapa para localizar os lugares onde aprender lingua de signos catalá
A Dirección Xeral de Política Lingüística de Cataluña editou un mapa de localización dos lugares onde aprender a lingua de signos catalá (LSC). Este mapa informa sobre os lugares que ofrecen cursos desta lingua, así como sobre os datos de contacto de cada centro.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Ábrese o prazo para solicitar a inclusión no Censo de entidades de fomento da lingua catalá
Ata o 30 de abril de 2018, as entidades que impulsen o catalán e/ou organicen actividades para fomentar o seu uso, poden solicitar a inclusión ou renovación no Censo de entidades de fomento da lingua catalá do Departamento de Cultura de Cataluña.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O tecido comercial de Cataluña comprométese co impulso da lingua catalá
O Consorcio para a Normalización Lingüística de Cataluña traballa para impulsar o uso do catalán en todos os ámbitos, especialmente no eido socioeconómico, que é un dos sectores onde máis relacións comunicativas se establecen cada día. Deste xeito, o tecido comercial é esencial para ofrecer conversación en lingua catalá ás persoas que non dominan o idioma.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Convócanse as probas para acreditar o coñecemento da lingua catalá en dezaoito localidades de Cataluña
A Dirección Xeral de Política Lingüística de Cataluña abrirá, o 29 de xaneiro de 2018, o prazo de inscrición para as probas destinadas a obter os certificados de lingua catalá de nivel básico (A2), elemental (B1), intermedio (B2), suficiencia (C1) e superior (C2).
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Universidade Aberta de Cataluña celebra un curso sobre a nova normativa da lingua catalá
O grao de Lingua e Literatura Catalás da Universidade Aberta de Cataluña (UOC) organiza o curso "Ponte ao día da nova normativa da lingua catalá". Trátase dun curso en liña sobre as novidades normativas do idioma (a nova gramática e a nova ortografía).
Fonte: Generalitat de Catalunya
Solicítanlle ao presidente do Parlamento Europeo que impulse a presenza do catalán nas institucións da Unión Europea
A Plataforma pola Lingua de Cataluña solicitoulle a Antonio Tajani, presidente do Parlamento Europeo, que desenvolva medidas favorables aos dereitos lingüísticos e impulse a presenza da lingua catalá nas institucións da Unión Europea.
Fonte: El Nacional.cat
A Comisión de Toponimia de Cataluña elaborará o "Nomenclátor mundial" en lingua catalá
A Comisión de Toponimia de Cataluña elaborará, durante o ano 2018, o Nomenclátor mundial, co que se pretende desenvolver un corpus en catalán de topónimos situados fóra da área lingüística catalá. Esta iniciativa terá un grande impacto en sectores como os medios de comunicación ou as obras divulgativas que inclúen cartografía mundial.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Aberta a inscrición nas probas para acreditar o coñecemento de lingua catalá en Cataluña
A Dirección Xeral de Política Lingüística de Cataluña abriu o prazo para inscribirse nas probas para obter os certificados de lingua catalá de nivel básico (A2), elemental (B1), intermedio (B2), de suficiencia (C1) e superior (C2). O prazo finaliza o 14 de febreiro de 2018.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Tribunal Constitucional recoñece o dereito dos consumidores de Cataluña a seren atendidos nas dúas linguas oficiais
O Tribunal Constitucional avalou o dereito dos consumidores de Cataluña a seren atendidos nas dúas linguas oficiais da comunidade. Así o recoñece un artigo do Código de Consumo de Cataluña, que foi recorrido no Congreso dos Deputados. Fronte a este recurso, o Tribunal amosouse a favor do precepto, sempre que non supoña a imposición de "calquera das dúas linguas oficiais".
Fonte: El País
Boletín
Subscríbase ao boletín