Cataluña
Inician unha campaña de recollida de firmas para que Playmobil e Fifa 2017 utilicen o catalán
A Plataforma per la Llengua iniciou este movemento co obxectivo de que ofrezan os devanditos produtos en lingua catalá. A campaña xa obtivo 25 000 sinaturas.
Fonte: El Confidencial Digital
Publican unha nova colección de audiolibros en lingua catalá
Máis de 80 librerías dos territorios de fala catalá porán á venda a nova colección de audiolibros en catalán, Seebook.
Fonte: La Vanguardia
Un premio recoñece os proxectos de investigación no ámbito da onomástica en Cataluña
O I Premio Ramon Amigó i Anglès recaeu en Sílvia Veà Vila, doutora en Filoloxía Catalá pola Universidade Rovira i Virgili.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Convócanse os Premios Llanterna Digital de curtametraxes en catalán e occitano
A Generalitat de Cataluña convocou estes premios que teñen como finalidade impulsar a produción de curtametraxes en linguas catalá e occitana.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Comeza a aplicarse na Generalitat a nova normativa lingüística do catalán
A nova normativa lingüística, establecida polo Instituto de Estudos Cataláns, xa comezou a aplicarse na Administración da Generalitat de Cataluña.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Entrégase o Premio Robèrt Lafont que recoñece o labor de fomento da lingua occitana
A Fundación Museo Etnolóxico do Val de Arán recibiu este galardón que ten como obxectivo premiar persoas e organizacións que traballan na defensa, proxección e promoción do occitano.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Generalitat de Cataluña aproba un acordo para aumentar o emprego do catalán na xustiza
O departamento de Xustiza e o Consello da Avogacía Catalá asinaron un acordo para que os profesionais da quenda de oficio utilicen o catalán nos seus escritos.
Fonte: La Vanguardia
Convocan un premio para recoñecer a promoción da diversidade lingüística
A organización non gobernamental Linguapax convocou o Premio Internacional Linguapax 2017 para recoñecer o labor de académicos e membros da sociedade civil que traballen na promoción da diversidade lingüística.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Universidade de Barcelona publica unha guía para mellorar a atención ao público desde o punto de vista lingüístico
O díptico Una finestra cap al món, dirixido ao persoal que atende ao público internacional, pretende mellorar esta atención desde a perspectiva dos usos lingüísticos e ofrecer o catalán cando a persoa interlocutora ten coñecementos desta lingua.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Barómetro do uso do catalán en internet sinala que o 65 % dos webs analizados inclúe esta lingua
Os datos do Barómetro do uso do catalán en internet, realizado por WICCAC, sinalan que a porcentaxe de webs que están nesta lingua ou que a inclúen entre as súas opcións alcanzou o 65 % no mes de decembro de 2016.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Boletín
Subscríbase ao boletín