Cataluña
Apróbanse as bases para a concesión de subvencións a emisoras privadas de televisión en catalán ou en aranés
Publícase a orde pola que se aproban as bases reguladoras do procedemento para a concesión de subvencións estruturais a emisoras de televisión de titularidade privada en catalán ou en aranés.
Fonte: Iustel
A Generalitat de Cataluña convoca subvencións para fomentar o uso do catalán
Publícanse as bases para a concesión de axudas para o fomento do catalán destinadas a empresas que incorporen esta lingua en produtos tecnolóxicos e na tradución de obras non literarias, para a dobraxe e a subtitulación de cinema e para entidades que promovan o seu uso.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Varios colectivos de Cataluña solicítalle a Amazon que ofreza os seus servizos en catalán
Son varios os colectivos que lle reclaman a Amazon que o seu portal estea dispoñible en catalán e que incorpore esta lingua aos lectores de libro electrónico de Kindle.
Fonte: ADSL Zone
Publícanse as bases das axudas para entidades que fomenten o xornalismo e reforcen o espazo catalán de comunicación
Subvencionaranse proxectos en catalán ou en aranés de entidades sen ánimo de lucro e organizacións profesionais do sector da comunicación.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Unha web de aprendizaxe de lingua catalá impulsada pola Generalitat de Cataluña supera os 200 000 usuarios rexistrados
Máis de 200 000 alumnos estudan catalán a través do espazo virtual Parla.com impulsado pola Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura da Generalitat.
Fonte: La Vanguardia
Convócase o Premio Carme Serrallonga para fomentar o estudo da paisaxe lingüística nos territorios de fala catalá
A Universidade de Barcelona convoca o Premio Carme Serrallonga Paisatges Lingüístics que ten como finalidade impulsar o estudo da paisaxe lingüística nos territorios de fala catalá.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Xa está dispoñible Twitter en catalán para móbiles iOS e pronto chegará aos Android
Desde a Generalitat aseguran que a presenza do catalán en Twitter é un grande avance para o idioma en canto á presenza nesta rede social.
Fonte: El Periódico
Preséntase un manifesto que reclama o catalán como única lingua oficial de Cataluña
Os impulsores deste manifesto queren concienciar a poboación sobre a situación do catalán e o seu papel vertebrador e sobre os riscos do bilingüismo.
Fonte: El País
O servizo de tradución automática en liña Llengua Catalana traduce en 2015 máis de 12 millóns de palabras do occitano
Segundo a Generalitat de Cataluña, no ano 2015 foron atendidas máis de 220 000 solicitudes de tradución.
Fonte: Informativos Telecinco
O servizo de consultas lingüísticas Optimot organiza un concurso en Twitter co gallo da celebración do San Jordi
Este concurso ten como obxectivo que as persoas usuarias unan creatividade e lingua catalán nun tuit para contar unha historia relacionada co día de San Jordi.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Boletín
Subscríbase ao boletín