Cataluña
O TERMCAT publica un dicionario en liña con nomes de peixes en catalán
Este dicionario contén máis de 5100 denominacións catalás acompañadas dos nomes científicos correspondentes, ademais de equivalencias en varias linguas.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Unha convocatoria de axudas do Departamento de Cultura de Cataluña incrementará o número de películas emitidas en catalán
Grazas a unha convocatoria de axudas da Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura incrementarase a presenza do catalán en plataformas de vídeo e televisión.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Generalitat pon en marcha un curso de catalán en liña dirixido aos nenos de familias catalás que viven fóra de Cataluña
O curso en liña "De cap a cap" ten como obxectivo que os fillos destas familias poidan aprender catalán de xeito divertido e sinxelo.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A V Bolsa Joan Veny recae nun proxecto de estudo sobre o catalán na Franxa
O Institut Ramon Muntaner, co apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística de Cataluña, concedeulle a Bolsa Joan Veny ao filólogo Esteve Valls polo seu estudo sobre o catalán na Franxa.
Fonte: La Vanguardia
Publícase en Cataluña o "Manual de vocabulario básico para o sector do comercio"
A Generalitat apoia o Manual de vocabulario básico para o sector do comercio editado en catalán, inglés e chinés pola Plataforma pola Lingua co fin de contribuír ao proceso de inclusión social dos comerciantes de orixe chinesa.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Federación Llull impulsará actividades conxuntas de fomento do catalán
A Federación Llull promoverá actividades a prol da lingua e a cultura catalás realizadas polas tres entidades culturais dos territorios de fala catalá: Òmnium Cultural, Obra Cultural Balear e Acció Cultural del País Valencià.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Denuncian que a proba de acceso á avogacía só estará dispoñible en lingua castelá
O Consello da Avogacía Catalá reclama, por segundo ano consecutivo, que o exame de acceso á avogacía estea dispoñible nas linguas cooficiais.
Fonte: La Vanguardia
O Consorcio para a Normalización Lingüística subscribe novos convenios para promover o uso do catalán
O Consorcio para a Normalización Lingüística (CPNL) subscribiu varios convenios de colaboración con diferentes entidades co obxectivo de avanzar no fomento da lingua catalá.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña rexeita que o catalán sexa a lingua de uso exclusivo do funcionariado
O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña anulou parcialmente o regulamento que establece o catalán como lingua de comunicación entre o funcionariado e tamén que as conversas se teñan que iniciar neste idioma.
Fonte: El Periódico
Oito de cada dez persoas maiores de 15 anos en Cataluña saben falar catalán
Este e outros datos sobre a lingua catalá poden consultarse no portal web 'El català en xifres' posto en marcha pola Generalitat.
Fonte: El Mundo
Boletín
Subscríbase ao boletín