Cataluña
A plataforma 3Cat lanza un plan con 30 medidas para impulsar o catalán

A plataforma dixital 3Cat presentou o Plan de impulso lingüístico que inclúe trinta medidas para desenvolver nos próximos dous anos, entre as que destacan o aumento de películas e series internacionais dobradas en catalán ou a difusión de programas específicos sobre lingua.
Fonte: El Món
Xa se pode consultar en liña o dicionario etimolóxico de Joan Coromines
O Instituto de Estudos Cataláns (IEC) e a Fundación Pere Coromines dixitalizaron o Diccionari etimològic i complementari de la llengua catalana de Joan Coromines, que xa se pode consultar en liña ou descargar en formato pdf.
Fonte: Públic
A Generalitat de Cataluña sinala que o 70 % das medidas pola lingua catalá están cumpridas ou en desenvolvemento
O Goberno de Cataluña fixo balance da iniciativa «El català, llengua de país», do que se desprende que 52 medidas cumpriron xa os seus obxectivos; 22 están en fase de desenvolvemento avanzado e 20, en desenvolvemento medio; catro en execución iniciada; e dúas en tarefas preliminares.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Generalitat de Cataluña e 3Cat impulsan unha plataforma de contidos educativos en catalán

Esta plataforma de contidos educativos audiovisuais en catalán comezará a funcionar en maio e será de acceso universal e gratuíto para a comunidade educativa. Trata temas como matemáticas, historia, arte etc. e ten como obxectivo proporcionar recursos de calidade para as aulas, así como impulsar a lingua.
Fonte: El Món
Profesionais da saúde participan en obradoiros de sensibilización lingüística organizados pola Generalitat de Cataluña
Máis de corenta profesionais da saúde das Terres de l'Ebre participan nestes obradoiros, cuxo obxectivo é fomentar boas prácticas de atención ás persoas usuarias, especialmente en relación cos seus dereitos lingüísticos.
Fonte: Generalitat de Cataluña
A Generalitat de Cataluña convoca axudas para a edición de libros de especial interese en catalán ou aranés
Esta liña de axudas para 2024 está destinada á edición de libros de especial interese cultural ou de temas e xéneros pouco frecuentes en catalán ou aranés.
Fonte: Xarxanet
O Ministerio de Cultura e a Generalitat de Cataluña colaborarán na promoción da lingua e a cultura catalás
Ambas as Administracións mantiveron unha reunión en Barcelona para acordar a cooperación na protección e a promoción da lingua e a cultura catalás.
Fonte: La Moncloa
A marca Macson incorpora o catalán á etiquetaxe da súas prendas
A marca de roupa barcelonesa Macson comezou a etiquetar en catalán os seus produtos, ademais de incorporar esta lingua á súa páxina web.
Fonte: El Món
Segundo unha enquisa, o 45,5 % da mocidade catalá de entre 15 e 19 anos ten o castelán como lingua inicial
Segundo a Enquisa á Xuventude de Cataluña 2022, o 25,1 % da mocidade de entre 15 e 34 anos usa o catalán de forma habitual e o 14,1 % fala catalán na casa, pero castelán no seu día a día.
Fonte: El Periódico
A Generalitat de Cataluña impulsa un plan para fomentar o uso do catalán nas autoescolas

A Generalitat estableceu un convenio de colaboración coa Federación de Autoescolas de Cataluña co obxectivo de promover o uso do catalán na formación e nos exames do permiso de conducir. Así, elaboraranse nesta lingua 75 cuestionarios de 30 preguntas tipo test en formato web interactivo, dos que xa se publicaron 25.
Fonte: El Periódico
Boletín
Subscríbase ao boletín