Cataluña

Preséntase unha guía dirixida aos profesionais sanitarios para falar en catalán cos pacientes

No acto de benvida a novos residentes, destacouse a importancia da atención sanitaria en catalán aos pacientes e repartiuse entre os asistentes a Guia fàcil per parlar en català amb els pacients.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Diario Oficial da Generalitat de Cataluña publica máis de 250 novos termos

En total, publicáronse 257 novos termos cataláns normalizados entre os que destacan polo seu número os dedicados á economía e á empresa; á enerxía e ao medio natural; á comunicación, á informática e ás TIC; e á zooloxía.  

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Preséntase unha plataforma de contidos educativos en catalán

A Generalitat de Cataluña e 3Cat presentaron SuperCampus, unha plataforma educativa con contidos educativos en catalán vinculados ao currículo escolar que ofrece recursos para os docentes que complementen a aprendizaxe na aula.

Fonte: Diari de la Llengua

Cataluña

A Generalitat de Cataluña convoca unha liña de axudas destinada á creación de contidos en catalán nas redes sociais

Esta nova liña de axudas para a creación de series de vídeos en catalán ou en occitano para as redes sociais, que conta cunha dotación orzamentaria de 312 000 euros, busca darlle soporte á profesionalización de influencers.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A Generalitat de Cataluña apoia o uso do catalán nos medios de comunicación das Illas Baleares

Presentou en Palma e Eivisa dúas iniciativas para fomentar o catalán nos medios de comunicación do arquipélago balear: «Idó», unha sección semanal no Diario de Mallorca e Diario de Ibiza; e «Entre tu i jo», unha nova sección de entrevistas en Ara Balears.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A Generalitat de Cataluña convoca axudas para o fomento da lingua de signos catalá

Esta liña de axudas para o fomento e a difusión da lingua de signos catalá conta cunha dotación económica de 125 000 euros. Búscase con esta convocatoria incrementar a súa aprendizaxe, promover a súa práctica e as actitudes positivas e contribuír á vitalidade da comunidade signante.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Nace unha asociación para promover o uso do catalán no ámbito sanitario

A Associació Metges-Salut pel Català nace para promover o uso do catalán no ámbito da saúde. Entre as súas propostas figuran un plan de acollida para residentes ou a creación dunha figura para velar pola aplicación da política lingüística en cada centro.  

Fonte: Públic

Cataluña

A Generalitat de Cataluña abre o prazo para solicitar axudas para a incorporación do catalán en películas e series

As plataformas dixitais poderán solicitar axudas para a incorporación do catalán, o occitano e a lingua de signos catalá en longametraxes e series. Estas axudas enmárcanse na acción do Goberno para incrementar a presenza do catalán no ámbito audiovisual.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

A Generalitat de Cataluña convoca unha liña de axudas para a incorporación do catalán aos videoxogos

A liña de axudas para a incorporación do catalán ao ámbito dos videoxogos está dotada de 400 000 euros e busca promover a presenza desta lingua en contidos descargables de videoxogos DLC, en interfaces de consolas e en plataformas de distribución.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Xa está aberto o prazo para solicitar as axudas da Generalitat de Cataluña para a incorporación do catalán aos xogos de mesa

A liña de axudas para a incorporación do catalán aos xogos de mesa, cuxo obxectivo é promover a dispoñibilidade de xogos nesta lingua, conta cunha dotación de 150 000 euros.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder