Cataluña
O programa de nivel C1 de catalán adáptase aos criterios do Marco Europeo Común de Referencia
O novo programa de nivel de suficiencia C1 de catalán actualízase e adáptase ao Marco Europeo Común de Referencia para as linguas.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Generalitat de Cataluña financiará 22 proxectos de intelixencia artificial en catalán

En total, destinarase un millón de euros a 22 proxectos de empresas do sector da intelixencia artificial e as tecnoloxías da linguaxe. O anuncio realizouse no acto de presentación de Aina Challenge, o primeiro concurso de proxectos de IA en catalán.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Generalitat de Cataluña convoca un novo concurso de declaracións de amor en catalán

Optimot, o servizo de consultas lingüísticas, organiza, como cada ano, un concurso para celebrar o seu aniversario, que este ano estará centrado en declaracións de amor que deberán enviar os participantes a través de X ou de Instagram.
Fonte: Generalita de Catalunya
O Concello de Barcelona creará unha comisión para fomentar a presenza do catalán no contorno dixital

Co obxectivo de promover o uso do catalán entre a mocidade, o Plenario do Consello Municipal aprobou unha proposta para crear unha comisión non permanente para impulsar a presenza desta lingua no contorno dixital e nos novos formatos tecnolóxicos.
Fonte: Ajuntament de Barcelona
O Concello de Barcelona inclúe a promoción do catalán como criterio para a convocatoria de subvencións
A promoción do uso social do catalán en Barcelona incluirase como obxectivo transversal no próximo Plan estratéxico de subvencións do Concello. Con esta medida búscase favorecer a presenza desta lingua en todos os proxectos.
Fonte: El Nacional
Un total de 2700 profesionais do ámbito sanitario participa no programa formativo para mellorar as súas competencias en catalán
A Generalitat de Cataluña puxo en marcha un programa formativo de lingua catalá destinado aos profesionais da saúde, que recibirán 100 horas de formación gratuíta en modalidade virtual para mellorar as súas habilidades comunicativas neste idioma.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Actualízase a guía para aprender catalán desde o urdú

A Generalitat de Cataluña reedita a guía Aprenem català des de l’urdú, unha actualización que ten como obxectivo ofrecerlles unha versión renovada ás persoas falantes de urdú que queren aprender catalán.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O organización Elite Taxi quere que se lle esixa o B2 de catalán a quen exerza de taxista
Elite Taxi esíxelle ao Goberno unha nova política lingüística para o sector en Cataluña e que inclúa a obriga de acreditar o nivel B2 de catalán para exercer.
Fonte: Diari Més
A Universidade Autónoma de Barcelona organiza unha actividade de sensibilización lingüística
«No em racialitzis, parla'm en català. Drets lingüístics universals» é o título desta actividade que ten como obxectivo concienciar os falantes de catalán das razóns que os levan a falar unha determinada lingua e dos beneficios de manter o catalán con todo tipo de interlocutores.
A Generalitat de Cataluña convoca axudas para promover actuacións de fomento do catalán nas empresas
A convocatoria desta nova liña de axudas para impulsar actuacións de fomento do catalán no ámbito empresarial ao longo do ano 2024 estará aberta ata o 21 de febreiro.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Boletín
Subscríbase ao boletín