Cataluña

Televisión Española disporá nos vindeiros meses dunha canle integramente en catalán

O Goberno catalán anunciou que Televisión Española contará cunha canle que emitirá integramente en catalán, dentro dunha estratexia para reforzar a presenza desta lingua nos medios públicos e para impulsar a industria audiovisual catalá e garantir a difusión do idioma.

Fonte: EFE

Cataluña

Só catro de cada dez adestramentos de clubs de Cataluña se realizan en catalán

Só o 41,8 % dos adestradores e adestradoras dos clubs deportivos en Cataluña emprega o catalán nos adestramentos, segundo unha enquisa realizada en 2024 por Òmnium Cultural e a UFEC. Para impulsar o uso desta lingua, presentouse un plan que inclúe formacións, guías e recursos, co obxectivo de reforzar a súa presenza nos adestramentos e na dinámica dos clubs.

Fonte: Diari de la Llengua

Cataluña

Comeza a tradución ao catalán do servizo de mensaxes instantáneas de Facebook

Meta está comezando a incorporar o catalán en Messenger, dispoñible en versión de escritorio e Android, pero aínda non en iOS. A Plataforma per la Llengua cualifica este avance de modesto e reclama que Instagram e Threads tamén ofrezan soporte para esta lingua. A entidade destaca a sorprendente exclusión do catalán en redes sociais populares, a pesar de estar presente en Facebook desde 2008 e WhatsApp desde 2012.

Fonte: El Món

Cataluña

A Universidade Rovira i Virgili presenta un espazo informativo sobre dereitos lingüísticos

A Universidade Rovira i Virgili (URV) inaugurou un Punto de Dereitos Lingüísticos no Campus Catalunya, consistente nun panel con acceso mediante código QR á información sobre estes dereitos. O obxectivo é divulgar os recursos e as accións relacionados coa política lingüística da institución.

Fonte: Diari Més

Cataluña

Publícase a versión en catalán de dúas novas normas UNE-ISO

O Centro de Terminoloxía TERMCAT publicou a versión en catalán das normas UNE-EN ISO/IEC 27000:2021 e UNE-EN ISO/IEC 27001:2023, relativas á xestión da seguridade da información. A norma 27000 define conceptos básicos deste ámbito, mentres que a 27001 establece requisitos para implementar un sistema de xestión de seguridade. Ademais, tamén se traduciu a emenda sobre accións climáticas.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Unha xornada analiza o impulso do catalán como eixe das políticas municipais dos concellos de Cataluña

A Primeira Xornada sobre Política Lingüística nos Municipios abordou as estratexias para reforzar o uso do catalán a nivel local. O conselleiro F. Xavier Vila destacou o papel dos concellos como espazos clave de socialización e propuxo medidas como a creación de plans municipais e incentivos fiscais para fomentar a lingua.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Apróbase o Pacto de Figueres polo catalán

O Concello de Figueres impulsará o Pacto de Figueres polo catalán para garantir o desenvolvemento desta lingua na cidade. Este compromiso busca frear o retroceso do uso social do catalán e promover o seu cumprimento en sectores como o comercio, a sanidade e a xustiza.

Fonte: Ajuntament de Figueres

Cataluña

Os vehículos BYD inclúen o catalán no seu sistema de infoentretemento

A empresa chinesa BYD incorpora o catalán nos menús de infoentretemento dos seus vehículos eléctricos grazas á colaboración da Aliança per la Presència Digital del Català e Softcatalà, que revisaron as traducións e suxeriron melloras.

Fonte: El Nacional

Cataluña

A base de datos de videoxogos en catalán VDJOC alcanza os 242 títulos

VDJOC, a base de datos de videoxogos en catalán, continúa crecendo e xa inclúe 242 títulos despois de sumar 68 novos produtos en 2024. Esta plataforma, lanzada en 2020 polo Departamento de Política Lingüística, ofrece información detallada sobre xogos en catalán, incluíndo plataformas, distribuidor e xénero. Ademais, os seus datos están agora dispoñibles en aberto para fomentar a creación de novos produtos e oportunidades no sector.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Plataforma per la Llengua lanza en TikTok unha campaña contra a catalanofobia

A Plataforma per la Llengua crea unha nova canle en TikTok para desmontar prexuízos e combater a catalanofobia. A través de vídeos curtos, pretende conectar coa xuventude e fomentar o uso do catalán.

Fonte: El Món

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder