Cataluña
Arredor de 3700 profesionais do ámbito sanitario comezan os cursos de catalán que ofrece a Generalitat de Cataluña
Un total de 3711 profesionais sanitarios comezan os cursos en liña de catalán que teñen como obxectivo que aprendan e melloren o seu nivel de lingua.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Os artigos sobre vocabulario deportivo na Viquipèdia en catalán increméntanse grazas á última edición do Viquimarató
O Viquimarató da lingua catalá, celebrado do 23 ao 29 de novembro e que contou coa participación de máis de cen persoas voluntarias, serviu crear e editar artigos da Viquipèdia en catalán sobre vocabulario deportivo.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Palau da Música e o CPNL colaborarán no fomento da lingua catalá
Ambas as entidades formalizaron o seu compromiso para seguir colaborando coa renovación dun convenio de colaboración cuxo obxectivo é a promoción de actividades culturais entre o alumnado dos cursos de catalán, as persoas participantes no Voluntariado pola Lingua e o persoal do CPNL.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Increméntanse as actuacións en catalán na quenda de oficio
No marco dunha xornada organizada polo Consello da Avogacía Catalá, déronse a coñecer datos sobre o uso do catalán no ámbito da xustiza, como o incremento de actuacións na quenda de oficio nesta lingua nun 68,9 % nos dous últimos anos.
A Generalitat de Cataluña abre o prazo de solicitude de axudas para a incorporación do catalán en produtos tecnolóxicos
Estas axudas, destinadas a empresas para a incorporación do catalán en produtos tecnolóxicos de diferentes ámbitos, teñen como obxectivo aumentar a oferta nesta lingua.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Ponse en marcha unha campaña para incrementar as matrículas en Filoloxía Catalá
Baixo o lema «Pren la paraula. Tria Filologia Catalana», esta campaña busca promocionar os estudos de Filoloxía Catalá ante a crecente necesidade de profesionais neste ámbito, debido ás xubilacións das primeiras promocións e aos cambios sociodemográficos dos últimos anos.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Un total de 115 candidaturas optan a converterse en finalistas da nova edición dos Premios Martí Gasull i Roig
Estes premios recoñecen persoas, entidades e empresas que destacan pola súa defensa ou promoción da lingua catalá. Escolleranse tres finalistas entre 115 candidaturas propostas.
Fonte: Plataforma per la Llengua
A lingua de signos catalá conta xa cun programa para o ensino e a avaliación dos coñecementos básicos
A Generalitat de Cataluña presentou o programa, acompañado dunha proposta didáctica, da lingua de signos catalá do nivel básico (A2) no que se definen as competencias lingüísticas e comunicativas.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Generalitat de Cataluña incrementa os recursos destinados á dobraxe e á subtitulación en catalán

O Goberno de Cataluña destinará 6,9 millóns de euros, a dotación máis elevada da historia, ás subvencións de dobraxe e subtitulación en catalán co obxectivo de chegar a máis espectadores e de que esta lingua estea presente nas principais plataformas dixitais.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A campaña «L’Esport treu la llengua» amplía o seu ámbito de actuación ao deporte escolar e popular
A campaña comezou en abril de2022 co obxectivo de potenciar o uso do catalán no deporte, inicialmente o federado. Pero agora quere chegar tamén ao deporte escolar e popular, o que que suporía un impacto en máis dun millón de deportistas, adestradores, árbitros e outros profesionais.
Fonte: El Nacional
Boletín
Subscríbase ao boletín