Cataluña

Máis de 5700 persoas obteñen o certificado de coñecemento do catalán

As probas para a obtención dun certificado de coñecemento do catalán alcanzaron unhas cifras de récord na convocatoria deste ano, á que se presentaron 8306 persoas das que aprobaron 5731.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A Generalitat de Cataluña convoca axudas para incorporar o catalán aos xogos de mesa

Esta nova liña de axudas conta cunha dotación de 150 000 euros para incorporar o catalán aos xogos de mesa e está dirixida ás empresas con acreditación de distribución e comercialización deste tipo de xogos.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O catalán recupera visibilidade nos resultados de busca de Google

Grazas á actualización do seu algoritmo, o catalán recupera a visibilidade nos resultados de busca de Google, o que duplicou a presenza desta lingua nos primeiros resultados.  

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

O Consorcio para a Normalización Lingüística organiza máis de 1300 cursos de catalán do primeiro trimestre do curso 2023-2024

O CPNL ofrece máis de 1300 cursos, tanto para aprender como para perfeccionar o catalán, e máis de 29 220 prazas en modalidades presencial e en liña.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Unha delegación de seis eurodeputados visitará Cataluña para examinar o modelo de inmersión lingüística

Seis europarlamentarios visitarán Cataluña o vindeiro mes de decembro para coñecer o modelo de inmersión lingüística nas escolas catalás co obxectivo de recompilar información sobre este tema a raíz da denuncia presentada en 2017 pola AEB.

Fonte: Última Hora

Cataluña

O lema da Diada de 2023 estará centrado na lingua catalá

O 11 de setembro celébrase a Diada, cuxo lema deste ano é «Una llengua, molts accents», co que se queren denunciar os ataques a esta lingua, así como poñer en valor a súa riqueza e diversidade.

Fonte: CatalunyaPress

Cataluña

O Goberno do Val de Arán demanda que se poida falar aranés no Congreso

Solicítanlle á presidenta do Congreso dos Deputados que o aranés, que é tamén lingua oficial en Cataluña, se poida empregar na Cámara Baixa, nas mesmas condicións que o galego, o catalán e o éuscaro.

Fonte: Nius

Cataluña

Netflix emitirá catro tempadas de “Avatar, a lenda de Korra” en catalán

Coa incorporación desta serie, xa son 38 os títulos que Netflix ofrece en lingua catalá, grazas ao convenio entre o Goberno de Cataluña e a Corporación Catalá de Medios Audiovisuais (CCMA).

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Consorcio pola Normalización Lingüística organiza novos cursos de catalán

As persoas que non foron alumnas do Consorcio pola Normalización Lingüística no último ano teñen que facer unha proba de nivel. A solicitude desta, así como o trámite de inscrición, pode facerse en liña ou presencialmente.

Fonte: Ajuntament de Barcelona

Cataluña

Incrementar a lectura en catalán é o gran reto do sector editorial de Cataluña

O sector editorial de Cataluña confía en que o Plan nacional do libro e a lectura axude a conseguir o obxectivo de aumentar o número de lectoras e lectores en catalán.

Fonte: El Nacional

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder